InicioSOCIEDADEA autovía Brión-Noia, un paso máis preto: licitadas por 11,2 millóns de...

A autovía Brión-Noia, un paso máis preto: licitadas por 11,2 millóns de euros as obras para a reconversión do corredor

O prazo de execución é de 18 meses e a estimación é transformar en autovía 4,9 quilómetros de vía

Publicado o

Xornal de Compostela

Xunta licitou por 11,2 millóns de euros a execución das obras da conversión en autovía de 4,9 quilómetros da vía de altas prestacións Brión-Noia, que discorre polos concellos de Brión e Rois, e que terán un prazo de execución de 18 meses. Neste contexto, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, debullou ante os medios os detalles desta licitación, á que as empresas poden presentar ofertas ata o 12 de setembro.

Segundo indicou a titular de Infraestruturas, xa está colgada a licitación no perfil do contratante para que as empresas poidan presentar as súas ofertas e, tal e como explicou o director, ampliouse o prazo de presentación de ofertas ata o 12 de setembro, para que no mes de agosto “non pille por sorpresa aos contratistas”. En concreto, actuarase no tramo entre Brión e a ligazón de Urdilde –entre os puntos quilométricos 11+640 e 16+600–. Trátase dunhas obras que darán continuidade á aprobación do proxecto de trazado de desdobramento da CG-1.5 entre o final da autovía Santiago-Brión ata o inicio do tramo Martelo-Noia, “cun investimento estimado que supera os 29 millóns de euros”.

“Serán máis de 11 millóns de euros de investimento e cinco quilómetros a maiores que, como ben dicía o director, tentaremos iniciar a súa execución este mesmo ano para que sexa unha realidade no ano 2027”, indicou Martínez Allegue. Neste sentido, aproveitou para facer un chamamento ao Goberno Central, ao que pediu que “sexa valente e tome exemplo do que fixo a Xunta co rescate das autovías con peaxe en sombra”.

A ACTUACIÓN

En concreto, a estrada proxectada no desdobramento terá en cada calzada dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e un metro interior, tamén disporá dunha mediana de 3 metros, “dando continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión”. No marco das obras que se acometerán, realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxectivo de “adaptar o trazado existente á nova autovía”. Unha delas será a reconstrución dos “noiros do desmonte” na marxe esquerda en dirección Noia, para obter “o ancho necesario para a nova sección”.

Con todo, conservarase a ligazón de Urdilde, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de entrada en Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola “imposibilidade física” de conservalo co desdobramento da vía. Por último, a conselleira sinalou que o desdobramento licitado beneficiará de maneira directa a unha poboación de máis de 160.000 habitantes dos concellos de Brión, Rois, Santiago, Ames, Lousame e Noia. E lembrou que as vías de altas prestacións supoñen xa máis de 500 km da rede viaria autonómica, “de maneira que 8 de cada 10 galegos xa viven a menos de 15 minutos dunha destas estradas”.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here