InicioSOCIEDADEUn estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A investigación liderada por Rodolfo Gómez revela que a colchicina pode reducir a graxa no óso e favorecer a formación de tecido óseo

Publicado o

Xornal de Compostela

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS, liderado polo investigador Rodolfo Gómez, no que se analizan novos avances no tratamento de trastornos óseos como a osteoporose. Baixo o título Colchicine Suppresses Adipogenic Differentiation of Mesenchymal Stem Cells: Implications for Bone Adiposity Control, o estudo céntrase en investigar o impacto da colchicina, un medicamento empregado habitualmente para previr e tratar brotes agudos de gota, en enfermidades óseas nas que se produce unha alteración do equilibrio entre osteoblastos e adipocitos.

Segundo explican os investigadores, nestes trastornos o exceso de graxa no interior do óso contribúe ao desenvolvemento da patoloxía, aínda que actualmente non existen terapias dirixidas especificamente a controlar esta adiposidade ósea. “A colchicina xa se usa diariamente en miles de pacientes con gota e o seu perfil de seguridade, a doses baixas, é bo. Os nosos resultados suxiren que podería converterse nunha ferramenta sinxela e barata para combater a adiposidade medular e mellorar a saúde ósea en poboacións de risco”, explica o doutor Rodolfo Gómez, investigador principal do estudo.

O traballo demostra que a colchicina altera o metabolismo dos microtúbulos e a diferenciación das células nai mesenquimais, que poden transformarse en osteoblastos (células que forman óso) ou en adipocitos (células graxas). Segundo os resultados, as concentracións terapéuticas de colchicina inhiben significativamente a adipoxénese, mesmo despois dunha estimulación única e transitoria. Este efecto antiadipoxénico, sinalan os investigadores, está relacionado cunha alteración da homeostase dos microtúbulos, o que suxire que o control do ensamblaxe destes compoñentes celulares podería ser unha vía para regular o equilibrio entre formación de óso e acumulación de graxa.

O estudo revela por primeira vez que a colchicina, en concentracións terapéuticas reais, bloquea a formación de células graxas e promove a diferenciación cara ao linaxe osteoblástico, favorecendo así a creación de novo tecido óseo. Aínda así, os autores lembran que estas observacións proceden dun modelo in vitro e que deberán confirmarse en estudos preclínicos máis avanzados. Con todo, consideran que os resultados abren a porta a novas estratexias terapéuticas para combater a adiposidade ósea en enfermidades como a osteoporose.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here