InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA Xunta de Galicia inaugura a nova estación depuradora de Sergude, que...

A Xunta de Galicia inaugura a nova estación depuradora de Sergude, que triplicará a capacidade de tratamento de augas residuais

A infraestrutura, cun investimento de 1,8 millóns de euros, dará servizo a 3.000 habitantes equivalentes no horizonte de 2042

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia finalizou as obras da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sergude, no concello de Boqueixón, un proxecto que supuxo un investimento superior a 1,8 millóns de euros. A infraestrutura, que será entregada ao Concello nos próximos días, triplicará a capacidade de tratamento respecto á antiga depuradora de Lestedo, construída en 1991, e permitirá dar servizo a 3.000 habitantes equivalentes no horizonte de 2042.

conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá as instalacións, que foron posible grazas a un convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello. Neste acordo, a Xunta asumiu arredor do 80% do investimento, mentres que o Concello achegou máis de 360.000 euros, cedeu os terreos necesarios e encargarase do mantemento das instalacións.

Durante a visita, Ángeles Vázquez destacou que a nova EDAR “permite mellorar a rede de saneamento e unificar o tratamento das augas residuais nos núcleos de Sergude e Lestedo”. Ademais, felicitou ao alcalde por “traballar para que un pequeno municipio como Boqueixón se converta nun concello con grandes servizos e de calidade de vida para os que aquí viven, pero tamén para convidar a outros a vir”.

Por outra parte, Ovidio Rodeiro lembrou que a primeira depuradora do concello, construída en Lestedo no ano 1991, era “unha pequena instalación que será substituída por esta nova infraestrutura”. O alcalde destacou que, desde aquel ano, o Concello puxo en marcha un amplo servizo de saneamento, que actualmente conta con 92 quilómetros de tubaxes14 pequenas depuradoras e 13 bombeos, cun investimento de 8.000 euros por cada casa. “Neste momento temos 1.478 enganches ao saneamento, unha porcentaxe altísima de poboación”, engadiu.

A nova EDAR, que inclúe liña de auga e liña de lodos, conta con pretratamento e tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga á hora. Ademais, dispón dun tanque de tormentas para xestionar excedentes en caso de choivas intensas. As instalacións están deseñadas para acadar un mínimo vertido e inclúen tratamento secundario para a eliminación do nitróxeno.

Este proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, supón un avance significativo no saneamento da zona. A nova depuradora non só unificará o tratamento das augas de Sergude e Lestedo, senón que tamén permitirá optimizar o proceso, xa que a antiga infraestrutura, deseñada para 1.000 habitantes equivalentes, resultaba insuficiente para atender as necesidades actuais.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here