InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNCarlos Núñez actuará no Pico Sacro o 30 de xullo como parte...

Carlos Núñez actuará no Pico Sacro o 30 de xullo como parte dunha campaña estival de promoción turística en Boqueixón

O concerto insírese nunha programación que inclúe visitas guiadas e actividades para contemplar o solpor no monte ilicino

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón anunciou este martes unha programación especial para o verán de 2025 centrada no Pico Sacro, o enclave máis emblemático do municipio, que acollerá actividades culturais e de divulgación co obxectivo de promover o seu valor patrimonial, paisaxístico e lendario. A iniciativa estrela será o concerto que o músico Carlos Núñez ofrecerá o 30 de xullo ás 20:00 no cumio do monte, dentro da súa xira Lugares máxicos 2025.

Segundo informou o alcalde Ovidio Rodeiro, este evento suporá “un concerto único e irrepetible nun dos lugares máis máxicos e lendarios de Galicia”. As entradas están xa dispoñibles na web do artista (www.carlosnunez.com) a un prezo de 23 euros, con IVE e gastos incluídos. A actuación, que servirá como colofón da xira, pechará unha rolda de concertos en espazos patrimoniais como o Pasatempo de Betanzos, a Colexiata do Sar ou o Mosteiro de Oseira.

A proposta musical completarase cun programa de visitas guiadas gratuítas ao Pico Sacro, que se desenvolverá todos os venres, sábados e domingos desde xuño ata o 14 de setembro, con tres quendas diarias ás 12:00, 16:00 e 18:00 horas. As persoas participantes coñecerán os mitos, a historia e as vistas privilexiadas deste lugar, que permite contemplar a Catedral de Santiago nos días despexados. A actividade, de aproximadamente hora e media de duración, require inscrición previa a través do teléfono 981 513 061 ou o correo electrónico boqueixonturismo@gmail.com.

Como parte do programa estival, o Concello impulsa tamén dúas edicións especiais denominadas ‘Atardeceres no Pico’, previstas para os venres 4 e 11 de xullo ás 20:30 horas. Estas sesións combinarán a explicación das lendas celtas asociadas ao monte ilicino cunha experiencia visual ao aire libre durante a posta de sol. O punto de encontro para todas as actividades será o apartadoiro do Pico Sacro, e as prazas serán limitadas tamén nestes casos, polo que se esixe reserva previa.

Estas accións forman parte dunha estratexia máis ampla de valorización do territorio, que se suma á condición de Boqueixón como un dos concellos con maior número de festas de interese turístico de Galicia, entre as que destacan o Entroido dos Xenerais da Ulla en Sergude, a Festa das Carrozas do San Cidre no Oural e a Festa da Filloa de Lestedo, esta última con recoñecemento a nivel estatal.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here