InicioSANTIAGOAMESAmes celebra a Semana Europea da Mobilidade con actividades sostibles

Ames celebra a Semana Europea da Mobilidade con actividades sostibles

Unha marcha ciclista nocturna, música en directo e unha andaina destacan no programa desta edición

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames celebra a súa sexta edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre os días 20 e 22 de setembro. Baixo o lema “Espazo público compartido”, a campaña busca fomentar o uso de medios de transporte sostibles e promover a mobilidade activa e o transporte público. Entre as actividades destacan a xa tradicional marcha ciclista nocturna, unha sesión musical a cargo de DJ WANA e unha andaina pola senda verde entre O Milladoiro e Bertamiráns.

A marcha ciclista nocturna converteuse na protagonista desta edición, reunindo máis de 230 participantes, a pesar da chuvia que marcou a xornada do venres. O concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernández, valorou positivamente o aumento da participación ano tras ano, destacando o carácter familiar da actividade, que ‘axuda a concienciar aos máis pequenos sobre a importancia do deporte e o uso de medios de transporte sostibles’.

O alcalde Blas García agradeceu a colaboración da Policía Local e Protección Civil para garantir a seguridade da marcha e animou á veciñanza a participar nas actividades programadas para o resto da fin de semana, como a andaina pola senda verde o domingo, que contará con servizo de autobús para facilitar o traslado entre O Milladoiro e Bertamiráns.

A Semana Europea da Mobilidade busca sensibilizar á poboación sobre a importancia de reducir a pegada ecolóxica mediante o uso de transporte público e medios de transporte limpos, como a bicicleta ou o desprazamento a pé.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here