InicioSUCESOSA néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O avión, procedente de Madrid, tiña previsto aterrar en Alvedro ás 07:45 deste sábado, pero as condicións meteorolóxicas impediron completar a ruta prevista

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro, un voo de Air Europa que tiña previsto aterrar na Coruña, pero que tivo que modificar o seu destino debido á néboa rexistrada nas inmediacións do aeroporto de Alvedro.

Segundo confirmaron fontes de Aena, a aeronave procedía de Madrid e tiña programada a súa chegada á terminal coruñesa ás 07:45. Porén, as condicións de visibilidade impediron a aterraxe no destino inicialmente establecido, polo que o avión foi redirixido ás instalacións aeroportuarias de Compostela.

O desvío produciuse nunha mañá marcada pola presenza de néboas e nubes baixas en diferentes puntos de Galicia. Segundo a información facilitada por Meteogalicia, a comunidade atópase este sábado baixo a influencia dun sistema de altas presións localizado nas illas Británicas.

Esta situación atmosférica favoreceu a formación de bancos de néboa nas zonas do interior e a acumulación de nubosidade baixa na metade norte do territorio galego, onde se atopa o aeroporto da Coruña.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

Compostela lembra a ferida de Angrois e traslada a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores a solidariedade da capital galega...