InicioSANTIAGOAMESCinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en...

Cinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en Ames

O Abono único do festival está dispoñible a un prezo de 3 euros na Billeteira electrónica do Concello

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Internacional de Cinema Infantil Cinema Miúdo de Ames dedicará dúas sesións especiais á relación entre a ciencia e o cinema na súa novena edición, que se celebrará do 12 ao 15 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. As retrospectivas, fóra de concurso, combinarán clásicos de Georges Méliès e Disney con curtametraxes de animación sobre inventos e viaxes espaciais. O acceso está incluído no abono único do festival, dispoñible por 3 euros na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A primeira destas propostas, «Experimentos de cinema: ata o infinito e máis alá!», terá lugar o sábado 14 ás 17.00 horas. A selección inclúe Mr. Hublot, protagonizada por un inventor con trastorno obsesivo-compulsivo; Jonas e o mar, sobre un personaxe fascinado polo océano, e Johnny Express, que segue as peripecias dun repartidor espacial. A lúa será o destino doutras tres historias: Apollo, Un pequeno paso e Arrandear ata a lúa, que presentan esta viaxe desde a perspectiva dun neno, dunha nena e dunha pequena araña, respectivamente.

OS CLÁSICOS, DE MÉLIÈS A WALLACE E GROMIT

O domingo 15, ás 13.00 horas, chegará a quenda de «Experimentos de cinema: os clásicos», cun percorrido por catro películas de distintas etapas da historia do cinema. O programa reunirá Viaxe á lúa, de Georges Méliès; É un regalo, arredor dun excéntrico inventor; O científico tolo, con Mickey Mouse, e A grande excursión, a primeira aventura de Wallace e Gromit, na que os protagonistas viaxan a unha lúa feita de queixo.

MÁIS DE 70 CURTAMETRAXES E VOTACIÓN DO PÚBLICO INFANTIL

Dedicada nesta edición ao poder da ciencia, Cinema Miúdo reúne máis de 70 curtametraxes de diferentes países, distribuídas nas seccións Axóuxeres, Buxainas e Escolares, adaptadas a distintas idades. A programación inclúe animación, ficción e outras linguaxes audiovisuais, ademais de obradoiros, proxeccións e actuacións especiais para achegar a creación cinematográfica á infancia e ao público familiar.

As películas a concurso optarán aos premios do xurado profesional e aos do público nas categorías Axóuxeres e Buxainas. Nestes últimos, os nenos e nenas participarán na elección das obras gañadoras mediante un aplausómetro. Segundo os datos facilitados pola organización, o festival reuniu máis de 2.000 asistentes na pasada edición.

ÚLTIMAS

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Santiago interpela os homes coa campaña ‘Faite un home’ para promover novas masculinidades contra a violencia machista

O Concello de Santiago puxo en marcha a segunda fase de 'Faite un home',...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

Borja Verea manterá a súa actividade habitual durante a folga xeral do 11N

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou que traballará este mércores, 11...

O BNG de Ames inicia unha campaña para documentar os cortes de luz que afectan á veciñanza

O BNG de Ames puxo en marcha unha campaña de recollida de información sobre...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Detida unha veciña do Milladoiro por estafar presuntamente varias persoas co alugueiro dun piso que non podía subarrendar

A Garda Civil detivo unha muller residente no Milladoiro como presunta responsable dun delito...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here