InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames reivindica medidas para garantir o acceso á vivenda...

O BNG de Ames reivindica medidas para garantir o acceso á vivenda no concello

Os nacionalistas lembran a moción rexeitada no pleno de maio e as iniciativas desenvolvidas nos últimos meses, incluída unha reunión coa Comisión de Vivenda do Parlamento Europeo

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames situou o acceso á vivenda como unha das prioridades da súa acción política no concello, defendendo a necesidade de garantir condicións adecuadas e accesibles para toda a veciñanza. A formación nacionalista lembrou que leva meses formulando propostas para facer fronte á crise habitacional que afecta ao municipio.

No pleno municipal de maio de 2025, o grupo nacionalista presentou unha moción na que reclamaba frear o incremento dos prezos do alugueiro, facilitar o acceso social á vivenda, iniciar os trámites para declarar Ames como zona tensionada e adoptar medidas contra a proliferación das vivendas de uso turístico (VUT). Esta iniciativa non saíu adiante ao non contar co apoio nin do PSOE nin do PP, o que, segundo o BNG, impediu a posta en marcha destas actuacións.

Como parte deste traballo, en setembro de 2025 o BNG organizou unha xornada sobre vivenda no Milladoiro, na que participaron persoas expertas e veciñanza para analizar a situación actual e debater sobre posibles modelos de futuro. Nese encontro, destacou a idea de que “Non podemos permitir que a vivenda se convirta nunha simple mercadoría, para o BNG de Ames é preciso blindar o dereito de acceso de todas as persoas a unha vivenda digna e adecuada que satisfaga as súas necesidades básicas”.

A acción política da formación tamén se trasladou ao ámbito europeo. A voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, desprazouse a Bruxelas para manter unha reunión coa Comisión de Vivenda do Parlamento Europeo, onde expuxo a situación da veciñanza amesá e demandou o dereito a unha vivenda digna, sostible e accesible. Na xuntanza abordáronse cuestións como a existencia de vivenda baleira, a escaseza de parque público, o impacto das vivendas turísticas e as dificultades da xente nova e traballadora para acceder a un fogar.

Desde o BNG reiteran que continuarán reclamando actuacións ás distintas administracións. “Nós imos seguir esixindo medidas firmes de todas as administración porque non imos permitir que a vivenda se convirta nunha simple mercadoría, sempre protexeremos o dereito á vivenda en Ames”, subliñou Pampín.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

Expertos reunidos en Santiago alertan do aumento dos desprazamentos polo cambio climático

Expertos de distintos ámbitos analizaron este martes en Santiago como o cambio climático está...

A Policía Local de Ames detén a un home con orde de ingreso en prisión tras identificalo en Bertamiráns

A Policía Local de Ames detivo na mañá deste martes a unha persoa sobre...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here