InicioSANTIAGOAMESO BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

Saleta Chao e Escarlata Pampín sinalan falta de frecuencias, incumprimento de horarios e problemas de acceso para a mocidade do rural de Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello de Ames con Santiago de Compostela, especialmente entre os núcleos urbanos de Bertamiráns e O Milladoiro, tras unha visita realizada pola deputada autonómica Saleta Chao.

Durante o percorrido, Chao sinalou que non existe unha conexión axeitada entre os dous principais núcleos de poboación do municipio debido á falta de frecuencias. A situación agrávase, segundo explicou, no caso do Milladoiro, onde a presenza de estudantes aumentou no actual curso académico ao elixir este núcleo como lugar de residencia.

A deputada tamén advertiu de problemas co cumprimento dos horarios nocturnos publicados na web bus.gal, que conectan Ames coa capital galega. Segundo indicou, esta situación provoca que en numerosas ocasións a mocidade quede nas paradas sen servizo de transporte, ao non pasar os autobuses nas horas previstas.

A concelleira do BNG en Ames Escarlata Pampín alertou ademais das dificultades que afectan ás parroquias e zonas rurais do concello. Segundo afirmou, o actual deseño do transporte público provoca “unha clara discriminación por orixe”, xa que a mocidade que reside no rural non dispón das mesmas opcións de mobilidade que quen vive nas vilas ou nas cidades.

Entre os exemplos citados destacou a falta de transporte escolar para o alumnado que cursa estudos superiores, o que dificulta o acceso á formación. Pampín tamén denunciou incumprimentos nas liñas e nas paradas, impuntualidades e atrasos frecuentes, así como a insuficiencia de autobuses para cubrir a demanda existente.

A edil engadiu que as prazas dispoñibles nos vehículos resultan insuficientes en determinados horarios, e sinalou tamén deficiencias no estado de mantemento dalgúns autobuses, ademais da escaseza de información nas paradas sobre percorridos e horarios.

REIVINDICACIÓN DE MELLORAS NO PARLAMENTO GALEGO

Ante esta situación, Saleta Chao anunciou que o BNG volverá reclamar no Parlamento de Galicia melloras no servizo de transporte público, reclamando “liñas suficientes e estables, horarios útiles para estudar, traballar e vivir e un transporte digno no rural”.

A deputada concluíu sinalando que, ao seu xuízo, “o transporte público é un dereito, non un luxo”, polo que considerou necesario adaptar o sistema ás necesidades reais da poboación do concello de Ames e da súa contorna.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here