InicioSANTIAGOAMESAmes propón á Zona Franca de Vigo colaborar no desenvolvemento do polígono...

Ames propón á Zona Franca de Vigo colaborar no desenvolvemento do polígono empresarial de Bertamiráns

O alcalde Blas García e o delegado do Estado, David Regades, abordan a creación dun novo espazo industrial de máis de 300.000 metros cadrados

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames iniciou contactos coa Zona Franca de Vigo para explorar vías de colaboración de cara á creación dun novo polígono empresarial en Bertamiráns. Así o trasladou o alcalde, Blas García, durante unha xuntanza institucional celebrada este mércores co Delegado Especial do Estado, David Regades, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

O encontro serviu para presentar oficialmente o proxecto urbanístico, que ten como finalidade dar resposta á alta demanda de solo empresarial no municipio, especialmente no entorno de Bertamiráns, que vive un crecemento constante e sostido nos últimos anos.

Segundo explicou o rexedor, o Concello de Ames traballa xa nunha proposta para habilitar máis de 300.000 metros cadrados de superficie industrial, situados nunha zona estratéxica delimitada pola estrada AC-544 (Bertamiráns-Negreira), a autovía AG-56 Santiago-Brión e a contorna rural de Caroubáns.

A topografía da área, con pendente sur-norte e cotas entre 85 e 125 metros, e a súa proximidade ás principais vías de comunicación, convértena nunha opción atractiva para empresas locais e foráneas. O solo está actualmente clasificado como rústico, polo que o Concello xa contempla unha modificación do PXOM para adaptarse ao plan sectorial autonómico e habilitar o uso empresarial.

“Ames é un concello cun forte dinamismo económico e demográfico, e este proxecto permitirá consolidar ese crecemento de maneira sostible”, afirmou García, quen engadiu que a localización do futuro parque empresarial é ideal para favorecer a implantación de actividades comerciais, loxísticas e industriais lixeiras.

Pola súa banda, o delegado da Zona Franca de Vigo amosou disposición plena a colaborar e valorou positivamente a proposta do goberno local. “O Consorcio é un instrumento do Estado para impulsar a economía produtiva e apoiar a creación de solo industrial. O interese empresarial en Ames e o seu crecemento son elementos clave para avanzar neste proxecto”, declarou Regades.

O polígono de Bertamiráns non contempla usos vinculados á industria pesada, polo que manterá unha relación directa co núcleo urbano e favorecerá un modelo de desenvolvemento equilibrado, con usos autorizables de tipo terciario, comercial, almacenaxe e transporte.

A Zona Franca de Vigo, con case oito décadas de traxectoria, é unha entidade pública centrada no fomento do comercio internacional e o desenvolvemento empresarial no noroeste peninsular. A posibilidade de incorporar Ames ás súas iniciativas reforzaría a cooperación institucional entre entidades locais e estatais, así como a creación de emprego e oportunidades no sur da comarca de Santiago.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here