InicioSANTIAGOAMESAmes acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

O Concello inaugurou o alumeado con música, humor e recoñecemento ao sector hostaleiro e comercial do municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da veciñanza para dar a benvida oficial ao Nadal en Ames. O tradicional acendido das luces reuniu a centos de persoas nun acto no que o Concello quixo poñer en valor o comercio e a hostalería locais, representados este ano por Jesús, do bar ‘Rufino da Ponte Nova’ de Agrón; Lola, de ‘Mercería Marlo’ de Bertamiráns; e Carlos, de ‘Papelería e Administración de lotería Boo’ do Milladoiro. Os tres foron os encargados de premer o botón que iluminou o municipio ata o 06 de xaneiro, en horario de 18:00 a 02:00.

A cerimonia estivo conducida polos artistas amesáns Marta Alonso e Pablo Reboleiro, que dinamizaron o encontro con sketches, xogos e intervencións humorísticas. O alcalde, Blas García, subliñou o papel “das persoas que acenden hoxe o alumeado en representación do sector comercial e hostaleiro de Ames, que teñen a valentía de poñer en marcha un negocio e que teñen moito mérito”, e invitou á cidadanía “a gozar deste tempo para compartir en familia e con aquelas persoas que queremos”.

A música tivo un peso central no acto. Preto de 50 estudantes da Escola Municipal de Música participaron con pezas de canto e interpretación instrumental, mentres que os coros de Bertamiráns e do Milladoiro, pertencentes ao programa Amessán, ofreceron un repertorio de cancións tradicionais e panxoliñas. A degustación gratuíta de chocolate con churros, servida pola churrería Jorge —que distribuíu 900 churros e 150 litros de chocolate— completou unha tarde de celebración comunitaria.

Como novidade, o Concello organizou un concurso de indumentaria navideña entre o público asistente. Uxía e Alejandra resultaron escollidas polos presentadores como mellores caracterizadas e recibiron vales de 50 euros para consumir nos establecementos adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames.

Este ano instaláronse máis de 140 elementos luminosos no termo municipal, incluídos máis de cen arcos decorativos. En cada parroquia do rural sitúase, polo menos, unha peza de iluminación. No Milladoiro destaca a gran árbore artificial da rúa Agro do Medio, accesible a pé polo interior, xunto cunha estrutura tridimensional coa letra ‘A’ de Ames na praza da Madalena e unha ampla manta de luces na rúa Anxeriz. A avenida Rosalía de Castro conta con dez arcos luminosos e diferentes figuras, entre elas cinco renos distribuídos por varias zonas verdes.

En Bertamiráns, a praza do Concello luce a súa árbore decorada e a praza da Maía incorpora un motivo luminoso co número 2026, de dous metros de altura.

ÚLTIMAS

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here