InicioSANTIAGOAMESO concerto de Nadal de Ames reúne grupos de música e baile...

O concerto de Nadal de Ames reúne grupos de música e baile tradicional locais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o evento este domingo, 15 de decembro, con entrada gratuíta previa reserva

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Cultura, organiza este domingo, 15 de decembro, o tradicional concerto de Nadal, que contará coa participación de diferentes grupos locais de música e baile tradicional. O evento terá lugar ás 19:00 na Casa da Cultura de Bertamiráns e está enmarcado na programación do Nadal en Ames.

O concerto, de acceso gratuíto ata completar aforo, presentará actuacións de agrupacións como Os Castros, As Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo de Colón, As Maianas e Requinta da Maía. Cada grupo ofrecerá unha selección de pezas tradicionais e composicións propias, destacando a riqueza do folclore galego.

Os convites xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. No caso de quedar entradas dispoñibles, poderán adquirirse no propio recinto unha hora antes do inicio.

O evento abrirase coa actuación da asociación cultural Os Castros, que interpretará as pezas ‘Xota de Lucas’, ‘O Galo’ e ‘Muiñeira da Costa’. Seguirán as Pandereteiras da Costaneira, co seu repertorio de temas tradicionais como ‘Valse de Elena’ e ‘Nadal de Luintra’.

Os Retranqueiros presentarán ‘Cantares de Elena, Clara e Aurora’ e ‘Muiñeira e Xota de Bembibre’, mentres que Airiños do Paseo de Colón interpretarán ‘Valse da Pobra de Burón’ e ‘Muiñeira dos Dezas’. As Maianas ofrecerán cancións como ‘Que te leve o demo’ e ‘Rexoubeiras’, mentres que o grupo Requinta da Maía será o encargado de pechar o concerto co tema ‘Linda Noite’, unha panxoliña do Algarve, entre outras pezas.

A programación musical do Nadal en Ames continuará co concerto de Reis, que terá lugar o sábado, 4 de xaneiro, ás 19:00, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este recital contará coa participación de diversas agrupacións corais, como a coral Lojo Batalla, a coral de Piñeiro e Ames e a coral polifónica de Bugallido, entre outras. As entradas, tamén gratuítas, poden reservarse na Billeteira electrónica.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here