InicioSOCIEDADEA Conchi; lugar de estudo, de moceo e de anécdotas

A Conchi; lugar de estudo, de moceo e de anécdotas

No corazón de Santiago de Compostela, a Biblioteca Concepción Arenal revélase como un lugar de encontro onde se fusionan os propósitos académicos e as dinámicas sociais, desvelando unha variedade de anécdotas inesperadas, bragas nas escaleiras ou homes-peixe que se bañan na fonte do centro

Publicado o

Por elenagonfer

No corazón de Santiago de Compostela atópase a Biblioteca Concepción Arenal, coñecida cariñosamente como “A Conchi”, especialmente entre os estudantes. Este espazo público, dedicado ao estudo e a lectura, gañou certa reputación entre a comunidade estudantil por ser moito máis que un lugar para concentrarse nos libros, traballos e exames. Dende encontros casuais ata intentos de conexión romántica, a Conchi alberga unha interesante dualidade entre o estudo e o moceo.

O PROPÓSITO ORIXINAL DA BIBLIOTECA
Dende a súa fundación, a Biblioteca Concepción Arenal serviu como un refuxio intelectual para estudantes e académicos en busca de coñecemento e tranquilidade. Cunha ampla colección de libros, acceso a recursos académicos e espazos de estudo silenciosos, a Conchi estableceuse como un lugar de referencia para aqueles que buscan concentrarse nos seus estudos e proxectos académicos.
A DIMENSIÓN SOCIAL DA “CONCHI”
Con todo, a Conchi adquiriu unha nova capa de interacción social grazas á intervención do fenómeno Salseo USC. Esta páxina de redes sociais converteuse nun espazo virtual onde os estudantes poden compartir experiencias, anécdotas e, sorprendentemente, intentos de encontros románticos na biblioteca.
Salseo USC, unha conta de Instagram creada para dar voz ás experiencias máis curiosas e divertidas dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, recolle confesións anónimas que varían dende declaracións de amor ata situacións embarazosas que ocorren na Conchi. Esta conta converteuse nunha ferramenta vital para coñecer os entresixos sociais da biblioteca, revelando a cara oculta deste lugar de estudo. Con todo, algúns estudantes teñen os seus propios métodos “eu non uso Salseo, pero unha miradita tonta sempre cae, que se non abúrrome”, conta Marta, unha estudante habitual na biblioteca.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida por Salseo USC (@salseo_usc)

ANÉCDOTAS NA CONCHI
A vida na Conchi está chea de anécdotas que van máis alá do estudo. Entre os relatos máis curiosos, destaca a presenza dun home que se viste de peixe e se baña na fonte da biblioteca, proporcionando unha inesperada disactrción para os estudantes. Este personaxe, xa coñecido por moitos, é só un exemplo das estrañas e interesantes situacións que poden ocorrer.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de El Gallego (@elgallego___)

Lúa, unha estudante habitual da Conchi, comparte unha das súas experiencias máis memorables: “Aínda lembro cando un día fun ao baño coa miña amiga, e ao volver tiña un papel no estoxo que poñía ‘Se che pica tanto a curiosidade coma a min, chámame’, e poñía un número de teléfono. Busquei o número para ver a foto de WhatsApp polas risas, pero non me picou tanto a curiosidade como para mandarlle unha mensaxe”. Outra estudante lembra o estrano achado dunhas bragas nas escaleiras da biblioteca, un suceso que xerou moitos comentarios e risas entre os presentes. Estes momentos contribúen ó ambiente que envolve á Conchi, converténdoa nun lugar onde nunca se sabe o que pode pasar.
En última instancia, a Biblioteca Concepción Arenal continúa sendo un espazo multifacético que ofrece tanto oportunidades para o estudo como para o encontro social. Xa sexa mergullándose nun libro ou na procura de conexións emocionais, a Conchi segue sendo un lugar emblemático en Santiago de Compostela, onde se entrelazan o coñecemento e o salseo. Este equilibrio entre o rigor académico e a interacción social fai da Conchi un espazo único, un microcosmos de experiencias humanas que vai máis alá dos libros e das paredes da biblioteca.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here