InicioECONOMÍAReparto gratis de fresas para reclamar axuda ao consumidor fronte as presións...

Reparto gratis de fresas para reclamar axuda ao consumidor fronte as presións da grande industria

O acto simbólico co que reclaman unha "mellor repartición" na formación do prezo coincide coa firma de acordos internacionais da UE

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) pediu un ano máis “a complicidade do consumidor” repartindo máis de 2.000 tarrinas de fresas de Huelva na Praza do Obradoiro, en Santiago. En declaracións aos xornalistas, o secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, subliñou que este acto simbólico celébrase nun momento “especialmente significativo”, polos acordos que está pechando a Unión Europea con Mercosur, Australia e Estados Unidos.

“O que viñemos poñer de manifesto desde o sector produtor é que precisamos máis que nunca a complicidade do consumidor. Complicidade significa que, á hora de elixir o produto que compra, aposte por consumir produtos de orixe España, os nosos”, destacou.

Nese senso, fixo esta petición “non por sentimentalismo, senón porque é apoiar a economía rural, o papel que teñen os agricultores e gandeiros na xestión do territorio e do medio rural”. Comprar produto propio, insistiu García, “é apostar por un modo de producir sostible, con garantía e calidade, e apostar por evitar os grandes desprazamentos de produtos doutras zonas, que contribúen á contaminación”.

“RENDAS BAIXAS”

Roberto García destacou que “os agricultores e gandeiros xestionan cada vez menos territorio e con rendas máis baixas” e exemplificou a problemática coa situación de que “calquera tarrina de fresas, calquera quilo de patacas, calquera quilo de cebolas, pálase ao produtor e cando chega ao consumidor multiplicouse por máis do 400%”.

Contrastou isto coa lei da cadea, “que di que a formación dos prezos ten que facerse de abaixo arriba”. Así, fronte ao “poder das grandes cadeas” que “esfíngue esa formación de prezos”, subliñou que o que piden non é “que se venda máis caro, senón que ese prezo se reparta mellor”. “E que, á hora de elixir, o consumidor escolla produto de calidade, de orixe España, con sistemas sostibles”, reiterou.

“SAUDABLE E SOSTIBLE”

Xunto a el, o secretario xeral da UPA Huelva, Manuel Piedra, lembrou os dous meses de borrascas a comezos de ano, que afectaron á produción. Pedindo tamén ao consumidor que opte por produto español como a fresa de Huelva, “saudable e sostible”, avisou da diferenza entre o prezo das tarrinas que repartían este mércores e o que perceben os produtores por elas. Neste contexto denunciou que “alguén está meténdolle a man no peto aos consumidores”.

ÚLTIMAS

Sanmartín comprométese a recoller e trasladar á Xunta as reclamacións da veciñanza de Mallou polas expropiacións

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que o Concello actuará como interlocutor da...

Crujeiras admite que “non hai solución” para recuperar este ano os contratos Ramón e Cajal perdidos pola USC

A Universidade de Santiago de Compostela non contará este ano con contratos do programa...

Miles de docentes mobilízanse en Santiago na sexta folga do curso para reclamar melloras no ensino público

Miles de docentes e estudantes percorreron este martes o centro de Santiago de Compostela...

Raquel Sendón, nova decana da Facultade de Farmacia da USC

A catedrática de Nutrición e Bromatoloxía Raquel Sendón García foi elixida nova decana da...

Miles de docentes mobilízanse en Santiago na sexta folga do curso para reclamar melloras no ensino público

Miles de docentes e estudantes percorreron este martes o centro de Santiago de Compostela...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...