InicioPOLÍTICASanmartín comprométese a recoller e trasladar á Xunta as reclamacións da veciñanza...

Sanmartín comprométese a recoller e trasladar á Xunta as reclamacións da veciñanza de Mallou polas expropiacións

A alcaldesa lembra que o desenvolvemento urbanístico e as compensacións económicas dependen da administración autonómica, aínda que garante interlocución municipal co barrio para canalizar demandas e propostas de mellora

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que o Concello actuará como interlocutor da veciñanza de Mallou ante a Xunta de Galicia no proceso de expropiacións vinculado ao desenvolvemento urbanístico previsto na zona, despois da preocupación expresada por residentes ante as indemnizacións previstas e a posibilidade de constituír unha plataforma de afectados.

Sanmartín lembrou que o proxecto se enmarca nun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), unha figura de carácter supramunicipal promovida pola Xunta, polo que a administración local non ten capacidade directa sobre as decisións relativas ás compensacións económicas. “É a Xunta de Galicia a que está facendo ese movemento”, sinalou, incidindo en que as valoracións e o procedemento dependen do Goberno galego.

A pesar diso, a rexedora comprometeu a colaboración municipal coa veciñanza para canalizar as súas inquietudes. Segundo explicou, o executivo local recollerá as propostas e reivindicacións que se formulen desde o barrio para trasladalas á consellaría responsable e procurar que sexan tidas en conta durante o proceso.

A alcaldesa indicou que xa se produciron primeiros contactos coa asociación veciñal e avanzou que o Departamento de Urbanismo queda á espera de recibir por escrito as demandas concretas. Tamén precisou que, polo momento, non consta formalmente a creación da plataforma anunciada por parte dalgúns residentes, aínda que garantiu diálogo con “quen queira” participar nas conversacións.

Sanmartín recoñeceu que os conflitos arredor das contías das expropiacións son habituais neste tipo de operacións urbanísticas e considerou “lóxicas” as discrepancias que poidan xurdir, aínda que insistiu en que se trata dun ámbito alleo ás competencias municipais.

Desde o Concello, explicou, o foco sitúase en velar para que o desenvolvemento urbanístico previsto en Mallou redunde nunha mellora real das condicións de vida da zona. Nesa liña, lembrou que a administración local xa presentou alegacións sobre o proxecto e sostivo que seguirá defendendo cambios e melloras que favorezan tanto á veciñanza actual como ao futuro do barrio.

PLAN DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICO

En relación ás críticas socialistas sobre a caída dos indicadores turísticos, Sanmartín defendeu que Santiago continúa desenvolvendo o seu plan de sustentabilidade turística e reivindicou a iniciativa municipal para captar máis rutas aéreas, ao tempo que reclamou maior implicación da Xunta nunha política aeroportuaria coordinada para Galicia.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here