InicioMOV. SOCIAISErguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil critica a falta de representación do alumnado e cuestiona o cambio no formato das clases para o vindeiro curso

Publicado o

Xornal de Compostela

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade de Dereito da USC para este mércores 29 de abril ás 12:00, no despacho de estudantes situado no segundo andar do centro. A convocatoria prodúcese tras a aprobación dos novos horarios do grao na última Xunta de Facultade.

Segundo trasladou a organización, o cambio supón a substitución do actual modelo de clases de 1 hora e 15 minutos por outro baseado en dúas sesións consecutivas de 50 minutos da mesma materia, cun descanso intermedio de 10 minutos. Esta modificación aplicaríase no vindeiro curso académico.

Dende Erguer sinalan que o estudantado expresou o seu desacordo coa proposta dende o momento da súa publicación, tanto nas aulas como a través de enquisas realizadas entre o alumnado. Porén, indican que a medida foi finalmente aprobada grazas á maioría acadada polos votos do profesorado e da representación institucional na Facultade.

O sindicato denuncia unha “falta de representación” do alumnado neste proceso de decisión e cualifica a situación de “inxustiza”, ao considerar que non se tivo en conta a opinión maioritaria das estudantes.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

As traballadoras da limpeza de Lacera volven á folga este martes nos colexios en Santiago

As traballadoras de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago de Compostela, servizo...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here