InicioECONOMÍAA USC pecha o exercicio 2025 cun superávit orzamentario superior ao millón...

A USC pecha o exercicio 2025 cun superávit orzamentario superior ao millón de euros

A institución destaca o incremento de fondos para investigación e o impacto positivo do Plan Galego de Financiamento Universitario

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela pechou o exercicio 2025 cun superávit orzamentario de 1,02 millóns de euros, segundo o informe de situación das contas presentado este martes no Consello de Goberno presidido polo reitor Antonio López. No que respecta aos resultados non financeiros, a cifra elévase ata os 3,71 millóns de euros, consolidando a estabilidade económica da institución compostelá.

Os datos máis salientables no capítulo de gastos vencéllanse ao persoal, onde destaca o incremento retributivo aprobado na normativa básica para o sector público. Este aumento de custos reflectiuse tanto no colectivo de PTXAS como no de PDI e no capítulo V. Paralelamente, a universidade realizou un importante esforzo na mellora de infraestruturas coa licitación de 62 expedientes de contratación ao longo do ano.

Pola banda dos ingresos, o Plan Galego de Financiamento Universitario supuxo unha achega de 15,65 millóns de euros máis que no exercicio de 2024. A USC tamén puxo en valor a súa elevada capacidade de captación de fondos para I+D+i, cunha tendencia ascendente nos últimos cinco anos. En 2025, os dereitos recoñecidos por actividades de investigación con financiamento externo acadaron os 96,85 millóns de euros.

O informe económico tamén pon o foco nas actividades de posgrao propio, que contaron con máis de 150 accións formativas e a matriculación de 2.258 estudantes. Estas ensinanzas xeraron uns ingresos estimados para a institución de 1,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O Concello inicia o proceso para redactar o proxecto da Factoría de Salgueiriños cun investimento de 315.000 euros

O Concello de Santiago deu un novo paso no desenvolvemento da Factoría de Salgueiriños,...

Mercedes Rosón anuncia o apoio das non adscritas ao regulamento do Foro de Turismo Sustentable tras introducir cambios na súa composición

A concelleira non adscrita de Santiago, Mercedes Rosón, confirmou o seu voto favorable ao...

Sumar Galicia celebrará en Ames a súa Conferencia Política Nacional para definir a estratexia municipal e xeral

O Movemento Sumar Galicia prevé celebrar o vindeiro sábado 23 de maio a súa...

O PSdeG de Santiago denuncia o atraso na reapertura do pavillón de Santa Isabel

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, denunciou o que cualifica...

Mercedes Rosón anuncia o apoio das non adscritas ao regulamento do Foro de Turismo Sustentable tras introducir cambios na súa composición

A concelleira non adscrita de Santiago, Mercedes Rosón, confirmou o seu voto favorable ao...

O PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores no Concello de Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, cuestionou a...

A Xunta emite informe ambiental favorable ao desenvolvemento residencial de Mallou con preto de 3.000 vivendas

A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico (PIA)...