InicioECONOMÍAO PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores...

O PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores no Concello de Santiago

Os socialistas sinalan que o indicador alcanzou os 60 días en decembro de 2025 e cuestionan a eficacia da actual estrutura directiva municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, cuestionou a xestión económica do Goberno local ao asegurar que os datos relativos ao período medio de pago a provedores evidencian un empeoramento nos indicadores de xestión municipal.

Segundo explicou a edil socialista, o Goberno municipal conta na actualidade coa estrutura directiva máis ampla da historia do Concello, unha circunstancia que, ao seu xuízo, non se está a traducir nunha mellora da administración municipal. Pola contra, Abal considera que os datos apuntan a unha evolución negativa.

Un dos indicadores que destacou foi o período medio de pago a provedores correspondente ao mes de decembro de 2025, que se situou en 60 días. Para a concelleira, este dato representa o peor rexistro dos últimos sete anos.

Abal comparou esta cifra con exercicios anteriores, lembrando que o prazo medio fora de 43 días en 2024, 22 días en 2021, 26 días en 2020 e 20 días en 2019. Na súa opinión, esta evolución confirma que a administración municipal é actualmente menos áxil no cumprimento das súas obrigas de pago.

A representante socialista subliñou que este incremento resulta especialmente significativo tendo en conta o reforzo da estrutura directiva municipal. Segundo indicou, “malia dispoñer de máis estrutura e máis cargos directivos ca nunca, o Concello é hoxe menos áxil e menos eficaz no cumprimento das súas obrigas de pago”.

AUMENTO DA DÉBEDA PENDENTE

A concelleira tamén alertou do incremento da débeda pendente do Concello, que a 31 de decembro de 2025 superaba en máis de tres millóns de euros a rexistrada no mesmo momento do ano anterior.

Ante esta situación, Abal indicou que o grupo socialista realizará un seguimento da evolución dos indicadores nos próximos meses. “Estaremos atentos á evolución dos datos no primeiro trimestre deste ano, pero a día de hoxe o balance é incontestable”, afirmou.

Para a edil, os datos dispoñibles amosan que a mellora na xestión municipal anunciada polo Goberno local non se está producindo, polo que considera necesario revisar o funcionamento da administración municipal e as medidas adoptadas polo executivo compostelán.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here