InicioPOLÍTICAO PSdeG de Santiago denuncia o atraso na reapertura do pavillón de...

O PSdeG de Santiago denuncia o atraso na reapertura do pavillón de Santa Isabel

Marta Abal critica que a instalación continúa pechada máis dun mes despois do anuncio do Goberno local e reclama explicacións urxentes

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, denunciou o que cualifica como un incumprimento do Goberno local en relación coa reapertura do pavillón de Santa Isabel, que continúa pechado máis dun mes despois do anuncio realizado polo executivo encabezado por Goretti Sanmartín.

Segundo indicou Abal, a alcaldesa comunicara no mes de febreiro a intención de reabrir a instalación deportiva, un anuncio que, segundo a edil socialista, xerou “expectativas que a día de hoxe non se cumpriron”. Neste momento, sinala, o pavillón segue sen contar cunha data concreta para a súa posta en funcionamento.

A concelleira advertiu de que esta situación está a provocar “importantes prexuízos” tanto para os clubs deportivos como para as persoas usuarias do recinto, que se ven obrigadas a adaptar ou modificar a súa actividade. Neste contexto, referiuse a “atrasos, cambios e unha total falta de certezas” na planificación deportiva.

Abal cuestionou a xestión do Goberno municipal, ao considerar que non pode “limitarse a facer anuncios sen garantir o cumprimento dos prazos”, e sinalou que o caso do pavillón evidencia, ao seu xuízo, “unha clara falla de xestión”.

A edil socialista destacou tamén o papel do pavillón de Santa Isabel como unha infraestrutura “fundamental para a cidade”, subliñando o seu impacto no conxunto do tecido deportivo compostelán, ao que, segundo afirmou, está a afectar directamente o peche prolongado da instalación.

Por último, Marta Abal reclamou ao executivo local explicacións inmediatas e unha solución á situación actual, insistindo en que os clubs e a cidadanía “merecen certezas” e demandando a reapertura do pavillón “sen máis demoras”.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here