InicioSANTIAGOPrincipio de acordo entre Concello e Xunta para o aparcadoiro do CHUS

Principio de acordo entre Concello e Xunta para o aparcadoiro do CHUS

A administración autonómica valorará achegar o 80 por cento do orzamento, mentres que o 20 restante poríao o goberno local

Publicado o

Por Ramón Mariño

A Xunta e o Concello de Santiago de Compostela acordaron este xoves impulsar un “protocolo marco” para o aparcadoiro e a ordenación urbana da contorna e os accesos do Hospital Clínico. Neste sentido, a Administración autonómica valorará achegar o 80 por cento do orzamento, mentres que o 20 restante poríao o goberno local.

Tras meses de intercambios de propostas, este é o principal consenso ao que se chegou na primeira reunión tras iniciarse a nova etapa do Goberno galego, que inclúe novas caras á fronte de Sanidade (Antonio Gómez Caamaño) e de Planificación de Infraestruturas (María Martínez Allegue).

Xunto a estes, ao encontro que permitiu desbloquear o proxecto acudiron a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartí, e os seus concelleiros de Mobilidade e Urbanismo, Xan Duro e Iago Lestegás, entre outros. Ambas as partes recoñecían en días pasados que o estaban preto de lograr un consenso.

De tal forma, este xoves acordouse que en próximas semanas ambas as administracións pecharán este protocolo marco de colaboración, no que xa se concretará a redacción do proxecto de interese autonómico (PIA), que permitirá axilizar trámites, para a ordenación da contorna do Clínico e poder construír o novo aparcadoiro anexo ao hospital.

Sobre o financiamento das actuacións do PIA, ambas as partes acordaron valorar que a Xunta achegue o 80 da obra e o goberno local o 20 restante. Iso si, o Executivo galego comprometerase tamén a cofinanciar actuacións de saneamento e abastecemento municipal por 3,5 millóns de euros.

Nesta reunión tamén se puxeron en común os avances realizados nos últimos meses no ámbito da mobilidade e o aparcadoiro. Por exemplo, a Xunta habilitou un novo aparcadoiro con 141 prazas para traballadores do hospital, mentres que o Concello puxo en funcionamento outras 151 nunha parcela de 3.000 metros cadrados xunto ao edificio do CiMUS.

En paralelo, o Goberno galego reivindica o seu investimento de 70 millóns de euros na ampliación do Clínico –actualmente, as obras están centradas en executar o edificio C– e o arranque das obras do Centro de Protonterapia, ao que se destinan outros 20 millóns.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O Ateneo de Santiago abordará os desafíos da intelixencia artificial para comprender o comportamento humano

O Ateneo de Santiago acollerá o próximo luns, 9 de novembro, ás 19:30, unha...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here