InicioSOCIEDADEPersoas con discapacidade denuncian nunha parada da Avenida Mestre Mateo a falta...

Persoas con discapacidade denuncian nunha parada da Avenida Mestre Mateo a falta dun transporte accesible e adaptado

Baixo o lema 'Teletransporte contra a discriminación', o obxectivo principal da campaña é esixir que "ata que o teletransporte sexa viable, polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade"

Publicado o

Xornal de Compostela

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), en colaboración coas súas entidades membro, celebrou este martes unha concentración en Santiago para denunciar a falta de transporte adaptado. Baixo o lema ‘Teletransporte contra a discriminación’, o obxectivo principal da campaña é esixir que “ata que o teletransporte sexa viable, polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade”.

Deste xeito, representantes e usurarios das entidades convocadas leron un manifesto no que reivindicaron o seu “dereito á mobilidade”, así como a poder coller un autobús “sen barreiras” para realizar actividades “tan cotiás como ir ao supermercado ou ao médico”. “As persoas con discapacidade non debemos ser excluídas nin privadas dos nosos dereitos á autonomía, á saúde, á educación nin tampouco ao emprego por falta de accesibilidade no transporte”, aseverou a coordinador da área de Accesibilidade de Cogami, Álvaro García. Concentrados nunha das paradas de autobús de Compostela, concretamente na Avenida Mestre Mateo, fixeron fincapé en que ata que o teletransporte “sexa viable como en Star Trek”, o que necesitan é que tanto o transporte urbano como o interurbano “cumpran coas leis e deixen de ser discriminatorios”.

DEMANDAS

Neste sentido, incluíron ás súas demandas a dispoñibilidade de puntos de recarga e subministración eléctrica para dispositivos médicos “esenciais” como os equipos de osíxeno líquido, “fundamentais para persoas con discapacidade orgánica que requiren apoio respiratorio”. “Tamén é importante que o persoal dos medios de transporte estea formado, que coñeza como poder asistir ás persoas con discapacidade, asegurando que teñan un trato digno e adaptado ás súas necesidades”, reclamou Olalla, outra das persoas concentradas en Santiago.

Neste sentido, Cogami lembrou que o que queren é que “todas as estacións, terminais e vehículos de transporte cumpran coas normas de accesibilidade”. Desde ramplas, ata ascensores, plataformas elevadoras, aseos, espazos para varias persoas usuarias de cadeiras de rodas, entre outras demandas. É dicir, que a accesibilidade estea presente “desde a compra do billete ata o uso dos servizos básicos”.

CONCENTRACIÓNS SIMULTÁNEAS

Por outra banda, a concentración deste martes foi simultánea e desenvolveuse en diversas localidades galegas para visibilizar esta problemática. A Coruña, Arzúa, As Pontes, Lugo, Monforte, Muros, Noia, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Val do Dubra e Vigo son os lugares nos que se levou a cabo esta acción co obxectivo de que “axude a impulsar cambios efectivos que garantan o acceso universal ao transporte público para as persoas con discapacidade”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...