InicioCULTURAFillas de Cassandra actuarán na Sala Capitol o 7 de novembro nun...

Fillas de Cassandra actuarán na Sala Capitol o 7 de novembro nun concerto gratuíto para mozos de entre 16 e 30 anos

Os interesados en adquirir as entradas deberán acreditar que estudan, traballan ou residen en Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

Fillas de Cassandra actuarán o vindeiro xoves 7 de novembro nun concerto gratuíto en Santiago. A actuación será na compostelá Sala Capitol a partir das 21.00 horas e estará dirixido aos mozos de entre 16 e 30 anos (os menores de 18 deberán ir acompañados) que estuden, traballen ou estean empadroados na cidade.

Segundo explicou este martes nunha rolda de prensa a concelleira de Dereitos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, esta iniciativa cultural xorde por mor dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade do Concello de Santiago, nos que diversos mozos votaron iniciativas para desenvolvelas na cidade.

Deste xeito, a segunda iniciativa máis votada, era a celebración dun concerto cun grupo ou artista “referente” na escena musical actual. Neste sentido, Rozas cualificou a Fillas de Cassandra de “referentes na escena musical galega” e aplaudiu o seu “inmenso labor” para “normalizar” o uso do galego.

REQUISITOS

Durante a rolda de prensa, na que tamén participou unha das integrantes do grupo, Sara Faro, a concelleira explicou que este concerto ten certas “singularidades”. Xa que se trata dun evento gratuíto, pero ao que só poderán acceder aquelas persoas que teñan entre 16 e 30 anos que traballen, estuden ou estean empadroadas en Santiago e que poidan acreditalo.

Con todo, as persoas de 16 anos (que podían participar nos Orzamentos Participativos) poderán acceder ao concerto pero só se van acompañados polo seu proxenitor ou titor legal. Deste xeito, os interesados en acudir ao concerto deberán acudir ata o Centro Sociocultural do Ensanche os días 5 e 6 de novembro para retirar as entradas, e só poderán adquirir unha por persoa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...