InicioPOLÍTICAO Concello consultará se a taxa turística presentada pola Xunta é "xuridicamente...

O Concello consultará se a taxa turística presentada pola Xunta é “xuridicamente válida”

"Díxose que esa lei estaba xa desenvolvida na lei de acompañamento, pero non está. Hai un novo compromiso, que nos parece vago e impreciso, e niso estamos a traballar desde o departamento para confirmar se tal e como aparece recolleito é xuridicamente válido", manifestou a portavoz municipal Míriam Louzao

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz municipal de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, avanzou este luns que o Goberno local consultará xuridicamente se a taxa turística presentada pola Xunta na lei de acompañamento dos orzamentos é “xuridicamente válida”. En rolda de prensa tras a xunta de goberno, Louzao lamentou a “falta de palabra co prometido” pola administración autonómica. “Díxose que esa lei estaba xa desenvolvida na lei de acompañamento, pero non está. Hai un novo compromiso, que nos parece vago e impreciso, e niso estamos a traballar desde o departamento para confirmar se tal e como aparece recolleito é xuridicamente válido”, manifestou.

A partir de aí, relatou, cando teñan a proposta final de lei, coas emendas, comezarán a traballar desde o Concello, pero, engadiu, “sen ter o texto final é un pouco máis complicado empezar a traballar”. Con todo, apuntou que é “unha boa noticia” que se poida pór en marcha esta medida e asegurou que detrás da capital galega “virán máis concellos”, polo que insistiu en que “o lóxico” é que sexa a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) quen o recade porque, na súa opinión, iso axudaría a que outros municipios queiran pór en marcha este imposto.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...