InicioSANTIAGOReproches da Xunta ao Goberno Central na apertura da estación Intermodal

Reproches da Xunta ao Goberno Central na apertura da estación Intermodal

O Conselleiro de Presidencia, Deporte e Xustiza, Diego Calvo, afirmou que non se tivo en conta á Xunta no acto de apertura da Intermodal

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Presidencia, Deporte e Xustiza, Diego Calvo, reprochou ao Goberno central “falta de lealdade institucional” por fixar a data do acto de inauguración da Estación Intermodal de Santiago –que se produciu este mércores– “sen ter en conta ás tres administracións” que a financian, entre as que se inclúe a propia Xunta, ademais do Estado e o Concello.

En declaracións aos medios, o responsable autonómico asegurou que a Xunta coñeceu a data fixada para o evento a través da prensa, que transcendeu o mércores anterior. Segundo a versión de Calvo, foi o sábado pola tarde cando recibiron a invitación oficial para a mesma.

“Dixemos que estas non eran formas de actuar nunha infraestrutura que financiamos tres administracións, aínda que esa parte non sexa exacta”, subliñou o conselleiro, que afirmou que pediron explicacións ao presidente de Adif, quen remitía a carta. “Con todo, déronnos escusas e tiraron para diante”, continuou.

Desta forma, recriminou ao Goberno central fixar esta data en coincidencia coa sesión de control ao presidente autonómico, Alfonso Rueda. “Non nos parece normal fixar unha data sen ter en conta ás tres administracións e, sobre todo, fixar unha data no día e hora na que saben perfectamente que o Goberno galego está a contestar as preguntas dos grupos de oposición“, criticou Calvo. O conselleiro asegurou que, con este xesto, “cambia moito” a relación entre Xunta e Goberno estatal. “Supoño que o que buscarán é unha foto con interese partidista”, engadiu.

ÚLTIMAS

Yossou N’Dour, primeira confirmación para os concertos do Apóstolo de 2025

O músico Yossou N'Dour actuará o 22 de xullo na Praza da Quintana, en...

Recibidas 7 alegacións á taxa turística, que volverá a pleno en xullo para a súa aprobación final

O Concello de Santiago recibiu un total de sete alegacións á ordenanza da taxa turística, que agora...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis...

(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa do Pombal

A rúa do Pombal reabriu hai uns meses ao tráfico tras máis de oito...

O Concello xa estuda as alternativas para proceder ao pago das facturas derivados do gasto do bus urbano

Os servizos técnicos do Concello de Santiago xa avalían todas as opcións posibles para...

O PP denuncia actos de vandalismo na súa sede e reclama ao BNG que condene os feitos

O Partido Popular de Santiago de Compostela denunciou hoxe publicamente os actos de vandalismo...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...