InicioPOLÍTICAO Concello xa estuda as alternativas para proceder ao pago das facturas...

O Concello xa estuda as alternativas para proceder ao pago das facturas derivados do gasto do bus urbano

Ascenden a 3.000.000 euros e o seu pago quedou en suspenso tras o 'non' do PP e a abstención dos edís non adscritos no pleno do pasado xoves.

Publicado o

Xornal de Compostela

Os servizos técnicos do Concello de Santiago xa avalían todas as opcións posibles para tramitar as facturas pendentes carrexadas por gastos do autobús urbano, que ascenden a 3.000.000 euros e cuxo pago quedou en suspenso tras o ‘non’ do PP e a abstención dos edís non adscritos no pleno do pasado xoves. A tenente de alcaldesa, María Rozas, adiantou este luns en rolda de prensa que Raxoi xa traballa en alternativas para sacar adiante estas débedas, xa que “o órgano competetente para a súa aprobación é o pleno” e leste bloqueounas.

“Cando teñamos máis avanzados os informes técnicos, xa trasladaremos que pode suceder coa tramitación”, informou a edila, que tachou como “irresponsable” a postura do PP e de “non entendible” a do non adscritos. Estas facturas responden a alugueres de autobuses realizados para a renovación da frota, unha fórmula que o PP cualificou de “ilegal”. Neste contexto, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, xa advertiu o pasado venres en declaracións aos medios que as facturas “hai que pagalas” e abriu a porta a que as empresas afectadas –Tralusa e Autocares Rías Baixas– acudisen a “outras vías” para que se realice ese pago, como a xudicial.

“DEMOSTRACIÓN DE IRRESPONSABILIDADE” DO PP

A tamén portavoz de Compostela Aberta cualificou o voto en contra do PP como “unha demostración de irresponsabilidade”. Para Rozas, esta posición demostra que “todo vale con tal de obstaculizar” e de crear “un problema” ao Goberno local. “Creo que a actitude do Partido Popular demostra –en concreto a actitude do seu portavoz, Borja Verea– que non lles importa Santiago, que o que importa é o seu interese partidario e que á cidade lle vaia mal”, reprendeu a concelleira.

Ademais, ve este voto como “incoherente” en relación á súa postura fronte a “expedientes semellantes” en anteriores ocasións, xa que non é a primeira vez que se somete a votación unha factura deste tipo. “Quere Borja Verea que os veciños de Santiago queden sen transporte público?”, formulou de forma retórica.

POSTURA “NON ENTENDIBLE” DOS NON ADSCRITOS

Por outra banda, Rozas tachou a abstención do non adscritos como “non entendible”, xa que “se dialogou” este expediente –como esixiron no anterior pleno– e votaron a favor doutros de características semellantes no pasado. Mesmo, tal e como expuxo, o concelleiro Gonzalo Muíños “presentou expedientes semellantes ao pleno” cando era o titular de Mobilidade e Obras. “Eu non entendo o seu posicionamento, pero o que lamento é a situación na que estamos”, criticou. Non entanto, puxo distancia entre a postura dos expulsados do PSOE e a adoptada polo PP: “Creo que unha abstención non é igual que un voto en contra”.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

As familias solicitantes do servizo de comedor de Compostela teñen ata o 19 de agosto para preinscribirse

A voceira do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, informou de que as familias...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...