InicioSANTIAGO(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa...

(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa do Pombal

As persoas consultadas destacan a mellora estética e a accesibilidade, pero sinalan problemas de circulación, firme irregular e confusión entre usos peonís e ciclables

Publicado o

Xornal de Compostela

A rúa do Pombal reabriu hai uns meses ao tráfico tras máis de oito meses de obras cun investimento superior aos 760.000 euros. A intervención municipal procuraba renovar as infraestruturas básicas, ampliar beirarrúas e mellorar a accesibilidade, ademais de incorporar un carril específico para bicicletas en sentido subida. Con todo, as primeiras impresións da veciñanza combinan satisfacción co resultado xeral e críticas a aspectos do deseño que afectan ao uso cotián do espazo.

Varios veciños da zona expresaron as súas opinións a Xornal de Compostela sobre a nova configuración da rúa. “Penso que quedou ben e que está ben distribuído”, sinala un veciño, que tamén recoñece que “foron oito meses de moitos inconvenientes para a circulación, pero mereceu a pena”. Non obstante, considera “cuestionable” que os peóns deban circular agora por unha única marxe da rúa, cando antes utilizaban ambas beirarrúas.

A circulación peonil é, precisamente, un dos puntos máis debatidos. Outras persoas apuntan que “agora van todos pola beirarrúa que ten sombra” (que non é unha beirarrúa, senón un carril bici), o que pode provocar encontros inesperados con ciclistas que utilizan o carril reservado. “Se vén unha bicicleta e non toca o timbre, unha pode ser atropelada, e a culpa parece que é nosa”, comenta unha usuaria habitual da rúa.

Tampouco pasou desapercibido o acabado do firme, que para unha das veciñas consultados “quedou bastante mal, porque fai como ondas”, o que podería afectar á comodidade e seguridade do tránsito rodado, especialmente coas primeiras chuvias.

A reforma da rúa forma parte dunha estratexia municipal máis ampla para mellorar os espazos públicos do casco urbano de Compostela. Segundo informou o Concello, os traballos incluíron tamén a renovación completa das redes de saneamento, abastecemento, iluminación e telecomunicacións, así como a instalación de mobiliario urbano e zonas de descanso, aínda que iso provocou cortes de auga inesperados na rúa. Ademais, habilitáronse novas áreas para carga e descarga e paradas de uso exclusivo para residentes.

A obra, non obstante, non estivo exenta de polémica. Dende a oposición denunciouse a “falta de diálogo coa veciñanza” e puxéronse en dúbida certos aspectos técnicos do proxecto. A edil non adscrita Mercedes Rosón alertou, por exemplo, de que a superficie “parece estar excesivamente puída” e preguntouse “se os coches non escorregarán Pombal abaixo” co tempo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here