A concelleira non adscrita do Concello de Santiago Mercedes Rosón reivindicou o traballo do catro edís socialistas expulsados do partido cando se cumpre un ano da votación da ordenanza de regulación da Vivenda de Uso Turístico, que deu pé ao comezo do conflito entre o Grupo Municipal e a dirección local.
Nunha nota de prensa, Rosón lembrou que nese pleno o grupo socialista votou a favor da ordenanza –en lugar da abstención que pedía a dirección do PSOE compostelán– apelando á “responsabilidade e á coherencia”, xa que fora o Executivo socialista de Xosé Sánchez Bugallo o que aprobase a modificación da PXOM que regulaba as VUT.
“Aquel día comezou unha carreira de descrédito político contra nós, as díscolas”, denunciou Rosón, que criticou tamén as “mentiras e infundios” que, na súa opinión, “algúns se dedicaron a verter” sobre eles no último ano.
Fronte a isto, a edil asegurou que os concelleiros expulsados demostraron “con probas e evidencias” que houbo “un obxectivo claro por parte da dirección local do PSOE” por “forzar” a súa dimisión.
Nesta liña, defendeu que o voto dos non adscritos foi “decisivo” para desbloquear proxectos como a parcela de Peleteiro ou a nova ordenanza de circulación. “Procuramos centrarnos no que lle preocupa á cidadanía de Santiago, lonxe de interéselos partidistas”, subliñou.