InicioSOCIEDADECáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un...

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

A crise do acceso á vivenda dispara a demanda de axuda social e Cáritas reclama políticas públicas á altura.

Publicado o

Xornal de Compostela

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento do 8% respecto ao ano anterior que se produciu no medio da “crise do acceso á vivenda”, para a que piden “políticas á altura”.

Durante a presentación da súa memoria 2024, a directora da entidade na capital galega, Pilas Farjas, trasladou que o 29% dos fogares atendidos presentan algún tipo de exclusión residencial. Un dato que creceu oito puntos desde 2018. Ademais, 3 de cada 10 familias viven en “condicións inadecuadas ou con dificultades de acceso a unha vivenda digna”.

Por este motivo, asegurou que “se necesitan políticas de vivenda valentes e que atendan ás necesidades das persoas que están en risco de exclusión”, porque “a inclusión social non é posible sen unha vivenda digna, xa que esta é o punto de partida para refacer unha vida”.

Dentro do balance, Farjas comunicou que a entidade atendeu durante o ano pasado a 23.362 persoas que solicitaron axuda, 16.260 delas integráronse en programas de intervención continuada.

En canto ao perfil maioritario que acode á entidade, desenvolveu que o 55% son persoas estranxeiras; a maioría, en concreto o 54%, son mulleres; e un 32% viven en fogares con fillos. “A desigualdade está a enfocarse sobre todo en mulleres novas con nenos e familias monoparentais”, concretou.

CATRO LIÑAS DE ACTUACIÓN

Así mesmo, explicou que o seu labor se enfoca en catro eixos: a liña 1, de atención a necesidades básicas, que atendeu a 17.141 persoas, a través de comedores sociais ou a atención primaria; a 2, de soidade non desexada, que axudou a 2.599 persoas, das cales 543 foron persoas maiores.

A liña 3, orientada ao emprego digno e a formación, que traballou con 3.237 persoas con actuacións de orientación xurídica e ensino no ámbito do emprego; e a 4, de vivenda e fogar, que beneficiou a 826 persoas.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...