InicioSANTIAGOSanmartín defende en Salamanca unha resposta coordinada para frear o vandalismo no...

Sanmartín defende en Salamanca unha resposta coordinada para frear o vandalismo no patrimonio

A alcaldesa de Santiago destaca a campaña ‘Fráxil’ e pide implicación institucional para protexer os bens culturais

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reclamou este luns en Salamanca unha estratexia común entre administracións, corpos de seguridade e técnicos especializados para facer fronte ao vandalismo que ameaza o patrimonio histórico nas cidades. Foi durante a inauguración das xornadas sobre vandalismo e patrimonio organizadas polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entidade que actualmente preside.

Sanmartín agradeceu o labor organizativo do Concello de Salamanca e da Comisión de Patrimonio do grupo, ao tempo que puxo en valor a importancia de encontros como este para compartir experiencias e buscar solucións comúns. “O que nos une é a responsabilidade conxunta de conservar os nosos bens para as xeracións vindeiras”, afirmou.

A rexedora compostelá fixo referencia á campaña ‘Frágil’ posta en marcha dende o Concello de Santiago, baseada na metáfora das caixas de envío delicadas. O seu obxectivo, explicou, é concienciar ás persoas visitantes da necesidade de coidar o patrimonio antes mesmo de chegar á cidade.

Sanmartín recoñeceu que en contornas de gran afluencia, como Compostela, “sempre hai quen realiza pintadas ou outros actos que deterioran os espazos patrimoniais”, polo que considerou clave este tipo de foros nos que participan tamén “os corpos de seguridade, o mundo xurídico e o persoal técnico”.

A alcaldesa tamén subliñou que, malia as diferenzas entre as quince cidades do grupo –en arquitectura, tradicións, gastronomía ou linguas–, todas comparten “un selo común e unha obriga ante a humanidade: preservar o seu legado histórico”.

Estas xornadas, que se prolongarán ata mañá, prevén concluír cun documento de propostas que podería ser elevado ao conxunto das administracións públicas para mellorar a resposta fronte aos actos vandálicos que afectan ao patrimonio.

Pola súa banda, o alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, anunciou que se redactará o ‘Manifesto de Salamanca’ contra o vandalismo, co compromiso de reforzar a cooperación entre administracións e actuar con axilidade para previr o efecto chamada de condutas incívicas, especialmente no caso das pintadas.

A cita conta coa participación de representantes das forzas de seguridade, do poder xudicial e de expertos en conservación, así como das propias cidades patrimonio. A mensaxe é clara: preservar os centros históricos require acción, vixilancia e corresponsabilidade social.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here