InicioSANTIAGOAMESVandalizan un cartel de apoio ao colectivo LGBTIQ+ en Ames e escriben...

Vandalizan un cartel de apoio ao colectivo LGBTIQ+ en Ames e escriben ‘sida’ por encima del

O Concello advertiu estes feitos o luns e é a cuarta vez que sucede, segundo informan fontes do órgano municipal, que atribúen estes actos á actuación dunha "única persoa"

Publicado o

Xornal de Compostela

Un cartel cunha mensaxe en apoio ao colectivo LGBTIQ+, situado no inicio do termo municipal do núcleo do Milladoiro, foi vandalizado de novo. Esta vez borraron por completo a mensaxe inscrita (‘Ames a quen ames, faino con Orgullo’) e pintaron por encima a palabra ‘sida’.

O Concello advertiu estes feitos o luns e é a cuarta vez que sucede, segundo informan fontes do órgano municipal, que atribúen estes actos á actuación dunha “única persoa”. “Non queremos que os actos homófobos dunha soa persoa manchen o nome dun concello tolerante, igualitario e diverso”, explica.

O alcalde, Blas García, censurou a través das súas redes sociais este reiterado comportamento que, ao seu xuízo, atenta “non só contra a igualdade e a liberdade, senón tamén contra un ben público”.

“Pode seguir vandalizando, pero que teña claro que reporemos o cartel as veces que faga falta e que algún día o colleremos e pagará todos os danos que ocasionou”, advertiu ao autor dos feitos.

Polo momento, o Concello non puido reparar o cartel antigo. Con todo, xa instalou un similar no mesmo punto, pero no alto dun farol. “Somos un concello libre e diverso”, engadiu García.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here