InicioSANTIAGOCampaña do Concello de Santiago para promover a cidade como capital da...

Campaña do Concello de Santiago para promover a cidade como capital da biotecnoloxía

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, enmarcou a iniciativa "na necesidade de seguir reivindicando o potencial económico de Santiago, a nosa capacidade de xerar talento e de atraer investimentos e proxectos innovadores"

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este mércores a campaña ‘Compostela. Capital dá Biotecnoloxía’, coa que pretende impulsar o biopolo da Sionlla para “reter” o talento e “captar” proxectos e investimentos. Esta arrinca cun vídeo promocional —ao que seguirán outras accións—, que destaca as oportunidades e fortalezas que ten a capital galega para ser a capital da biotecnoloxía.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, enmarcou a iniciativa “na necesidade de seguir reivindicando o potencial económico de Santiago, a nosa capacidade de xerar talento e de atraer investimentos e proxectos innovadores”.

“Esta campaña quere saír dos tópicos sobre Compostela, lembrando que somos moitísimo máis da imaxe que moitas veces transcende e insistindo no noso convencemento de que non podemos vivir só do turismo”, expuxo.

O presidente da área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, explicou que no equipamento están instaladas a día de hoxe tres empresas. “Preveemos que se instalen novas compañías á volta do verán, procedentes do edificio Emprendia da USC e en virtude dun acordo coa Universidade de Santiago”, apuntou.

A campaña, mediante a estratexia autoreferencial e cun vídeo publicitario, pretende presentar unha nova cara de Santiago, a ‘Compostela Biotech’. Nel destácanse as oportunidades e fortalezas que ten a capital galega para ser a capital da biotecnoloxía e, desta forma, captar e favorecer a implantación de PEMES, spin-off e proxectos de incubación, aceleración e consolidación e centros de investigación no biopolo da Sionlla, entre outros.

CONVENIO COA ÁREA EMPRESARIAL DO TAMBRE

Doutra banda, o Concello asinará un convenio coa área Empresarial do Tambre, en relación ao obxectivo da reindustrialización e a promoción do asentamento de empresas en Santiago.

O acordo suporá unha achega municipal de 50.000 euros para o financiamento de distintas accións encamiñadas á consolidación e a captación de empresas para o biopolo, así como para a colaboración do Concello na prestación do servizo de vixilancia da área empresarial.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...