InicioPOLÍTICAA Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso chama a concentrar o...

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso chama a concentrar o voto da esquerda á Cámara Alta

O manifesto pide o apoio á candidatura unitaria e propón que os senadores elixidos en Galicia impulsen iniciativas comúns en defensa dos intereses do país

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso presentou en rolda de prensa un manifesto no que chama a participar nas eleccións á Cámara Alta e pide o voto para a candidatura unitaria Senado de Progreso. A iniciativa defende que a Cámara pode desempeñar un papel decisivo na protección dos dereitos sociais e das liberdades democráticas, e propón que os senadores elixidos en Galicia se agrupen para defender os intereses do país.

Na comparecencia interviñeron o economista e histórico militante do Partido Comunista de Galicia Pancho Candela, a escritora Marilar Aleixandre, o sindicalista Xosé Manuel Sánchez e o escritor e expresidente do Ateneo de Pontevedra Xaime Toxo.

UN CHAMAMENTO A CONCENTRAR O VOTO DA ESQUERDA

“A ultradereita está asomándose ao poder”, advertiu Candela ao abrir a rolda de prensa. O economista explicou que a plataforma nace para apoiar a confluencia das forzas de esquerda arredor da candidatura ao Senado e para dar visibilidade ao papel da Cámara Alta nas decisións que afectan á cidadanía. Tamén cuestionou a ausencia na candidatura dalgunhas formacións que reivindican a defensa de Galicia e apelou ás bases e á militancia de toda a esquerda para que apoien a lista unitaria.

Candela acusou o PP de utilizar o Senado para “obstruír, recortar e retrasar” e advertiu de que unha alianza con Vox podería agravar esa dinámica. O manifesto cita as demoras na tramitación da amnistía e os vetos en materia orzamentaria e de vivenda, e alerta de posibles retrocesos nas pensións e na sanidade pública.

Toxo enmarcou a convocatoria no avance da extrema dereita en España, na Unión Europea e nos Estados Unidos. O escritor advertiu do risco que, ao seu xuízo, ese avance supón para os principios democráticos e o Estado do benestar. “Dispersar o voto é ningunear o voto”, resumiu. Sánchez insistiu na transcendencia da convocatoria. “Estas non son unhas eleccións calquera”, afirmou o sindicalista, que advertiu da posibilidade de que chegue ao Goberno o que cualificou de “ultradereita neofascista”.

O “EXÉRCITO DOS VAGALUMES” E O EMPREGO PARA A MOCIDADE

“O que estamos propoñendo á cidadanía é votar pola luz e pola alegría”, afirmou Marilar Aleixandre, que recuperou a imaxe do “exército dos vagalumes” de Manuel Rivas para explicar o sentido da candidatura. A escritora sostivo que, nas eleccións de 2023, a suma dos votos da esquerda superou a do PP nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Segundo os seus cálculos, concorrer en conxunto podería darlles tres escanos en cada unha desas provincias e abrir a porta a obter representación en Lugo.

Aleixandre reclamou oportunidades de traballo para que a mocidade poida quedar en Galicia e sinalou o emprego como unha das vías para afrontar a despoboación das aldeas. “Galicia ten posibilidades reais, o que fai falta é desenvolvelas”, afirmou, antes de pedir o apoio de toda a xente de esquerdas e de quen “teña a Galicia no corazón”.

A escritora tamén expresou a súa preocupación pola xudicialización da política. O manifesto reclama que se preserve a imparcialidade das decisións xudiciais e chama a atención sobre o papel do Senado na elección de maxistrados do Tribunal Constitucional e de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial durante a vindeira lexislatura.

UNHA AGRUPACIÓN DE SENADORES POR GALICIA

A plataforma reivindica o Senado como unha cámara de diálogo e cooperación entre comunidades autónomas que poida contribuír a corrixir os desequilibrios económicos e sociais e procurar un financiamento xusto para Galicia.

Para levar esa proposta á Cámara Alta, o manifesto pide que as senadoras e os senadores elixidos no país constitúan unha Agrupación de Senadores por Galicia desde a que impulsar iniciativas comúns por riba das diferenzas partidarias.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

O PSdeG traslada ao venres 20 de novembro o mitin de Pedro Sánchez en Santiago

O presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, participará o venres 20 de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here