InicioOPINIÓNDon Manuel, o ‘Museo Nacional de Galicia’ e un autobús a ningures

OPINIÓN

Don Manuel, o ‘Museo Nacional de Galicia’ e un autobús a ningures

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Ano 1990. Fraga Iribarne saboreaba a vitoria nos comicios autonómicos, un resultado que lle deixou a primeira maioría absoluta da historia de Galicia. Obtivo tres máis. Ese 29 de xaneiro, o Pazo do Hórreo acollía o seu primeiro debate de investidura e, nel, Don Manuel comprometeuse á creación do Museo Nacional de Galicia, o que hoxe en día coñecemos como Gaiás ou Cidade da Cultura. O que Fraga nunca soubo é que aquel proxecto contaría cun problema nimio de dimensións épicas: a falta de conexión real coa cidade de Compostela.

O problema do transporte público na capital galega non é unha cuestión nova. Leva presente varios anos debido aos incidentes co estado dos autobuses e á ineficiencia das liñas de transporte, temas sobre os que, como cidadáns, cómpre que pidamos explicacións e solucións ao goberno local actual, a quen prorrogou a concesión no 2016 –Noriega, de CA– e a quen, durante catro anos, foi incapaz de sacar adiante o asunto –Sánchez Bugallo, do PSdeG–. Xa en xaneiro de 2016, cando se soubo da decisión do “goberno do cambio”, Agustín Hernández manifestou que esta decisión era prexudicial para a cidade, tema no que segue a traballar, actualmente, o PP compostelán a través do seu voceiro, Borja Verea, e do edil Adrián Villa.

O ‘Museo Nacional de Galicia’, por desgraza, arrastra durante todos estes anos esa falta de conexión coa cidade a través do transporte público –fundamental, por exemplo, nunha cidade na que unhas 20.000 persoas son universitarias–. Pésalle, neste marco, un hándicap tremendamente relevante: para a cultura do resto de Galicia, o Gaiás é Santiago, non Galicia; para os picheleiros, o Gaiás é Galicia, non só Santiago. Sen dúbida, o futuro deste complexo cultural pasa por potenciar a súa proxección en todo o país –o nome non axuda, en contraposición co que acuñara Fraga nese 1990, que lle daba unha entidade plenamente nacional, facendo partícipes a todas as pezas que compoñen Galicia–.

É imprescindible que, no futuro proceso de renovación da concesión do transporte urbano de Compostela –oito anos de caducidade non son moco de pavo–, o goberno local de Sanmartín teña en conta a necesidade de vertebrar a Cidade da Cultura coa capital de Galicia con liñas eficientes, áxiles e con frecuencias suficientes na fin de semana, cando a veciñanza asiste a museos, actividades etc. Van xa nove meses de goberno sen avances claros nesta materia. As causas? Ou ineficiencia ou desinterese. Ou ambas. Escollan vostedes!

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Esperanza… ou non!

O PP goberna na Galiza, 17 anos. Primeiro Feijoo e logo Rueda; tempo tiveron,...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here