InicioOPINIÓNMilleiros de voces ao vento do Son

OPINIÓN

Milleiros de voces ao vento do Son

Publicado o

Por Marta Balado Simó
Marta Balado Simó
Marta Balado Simó
Marta Balado Simó, nada en Pontedeume en 2001. Graduada en Comunicación Audiovisual e actualmente estuda o grado de Xornalismo. Os seus intereses céntranse nos deportes, o cine, a música e viaxar.

O Son do Camiño non é un festival sen máis. É o festival máis grande de toda Galicia e a referencia nacional para moitos outros. Trátase dunha experiencia que combina a música cun ambiente perfecto para o desfrute e a carallada. Galegos de todos os puntos, e xente de fóra, que nos reunimos durante tres días co único obxectivo de escoitar aos nosos artistas favoritos e aproveitar ata o último minuto de todas as ofertas da organización.

O de este ano persoalmente foi moi especial. Un cartel que nun primeiro momento non tiña tan boa pinta como os de anos anteriores e deixaba as expectativas un pouco no aire. Quizais por iso ou quizais por xusto ser ao remate de curso, converteuse nunha fin de semana de desconectar e simplemente pasalo ben cos meus.

Hai que recoñecer as cousas ben feitas, e que se non fose polo esforzo que pon a organización nada tivese sido o mesmo. Un festival que coida ao detalle a comodidade dos asistentes, con buses lanzadeira gratis que van e veñen sen deixarte esperar nunha gran cola, algo que se valora moito, e máis cos nervios á ida e co cansazo da volta. Por outra parte, nótase cando un artista está cómodo e síntese valorado, algo que en parte paréceme responsabilidade da organización, pero tamén dun público como o do Son, que dende os escalóns do auditorio do Monte do Gozo vibra en cada canción e con cada palabra de cariño e respecto dos artistas.

Quixera facer unha mención especial a Rels B, é o meu cantante favorito e cada vez que o vexo en directo supera a anterior. Persoalmente, encantoume ver como a zona do concerto estaba chea e case todas as persoas alí presentes cantaban cada estribillo, algo que di moito dun artista. Sen dúbida, o que máis me gustou foi escoitar as louvanzas de todos os que tiña ao meu redor da calidade do seu concerto.

A pesar de todo o bo, hai certas cousas que non se poden deixar pasar por alto. Un festival musical de esta envergadura, e polo que cada asistente paga máis de cen euros, non pode ter os problemas de son co que nos atopamos nesta quinta edición. A climatoloxía non acompañou, o vento era moi forte e levantaba monta area, pero que unha banda do calibre de Green Day viñese prometendo un concerto de case dúas horas e media e parasen media hora antes do previsto polo desastre do son, paréceme inadmisible. Do mesmo xeito, non resultaba nada agradable presenciar o concerto do ten artista favorito e prácticamente non descifrar a letra polo volume.

Algo que me gustaría tamén destacar, pero que é recurrente en todos os festivais, é a falta de baños en relación á cifra de 130.000 persoas que o festival tiña pensado recibir. Entre concerto e concerto formábanse unhas colas imposibles e resultaba en que todo o mundo utilizaba as esquinas e a herba en vez ir ao baño.

Con todo, o bo e o malo, o Son do Camiño segue a ser un dos eventos máis grandes da nosa terra. Ano tras ano sorprende coa súa capacidade de atraer a milleiros de persoas cos seus cabeza de cartel e a combinación de entretemento e oferta cultural. Convértese nunha oportunidade única de dar visibilidade aos nosos artistas (aspecto que, dende o meu punto de vista, poderío mellorar), á nosa cultura, á nosa terra, ás nosas infraestructuras e dar un empurrón económico a toda a comarca e ás marcas e empresas galegas. 

En definitiva, a pesar de ser un evento único, aínda ten aspectos que mellorar para ser todo o eficiente e accesible posible. Sendo unha persoa que acode a outros festivais a nivel nacional, podo asegurar que O Son do Camiño ten moito percorrido feito e é un escaparate para todo o resto, que pode inspirarse nunha organización que coida moito os detalles.

ÚLTIMAS

Raxoi critica “o fondo e a forma” da taxa turística, pero asegura que traballa para pola en marcha

A portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, insistiu en criticar "o fondo e...

O Compos vence ao Laredo e amplía a súa boa racha no Vero Boquete

A SD Compostela acadou este sábado unha nova vitoria no estadio Vero Boquete, ao...

A USC participa nun proxecto de IA para alertar de cianotoxinas nas augas

O proxecto AIHABs, dirixido polo grupo de Hidrobiología da Universidade de Santiago de Compostela...

O Ateneo de Santiago organiza unha conferencia sobre o papel de China na “nova desorde mundial”

O próximo luns, 2 de decembro, ás 19:30 horas, o Ateneo de Santiago acollerá...

Saramago, 102 anos do seu nascimento

Em novembro de 2024, comemora-se o 102.º aniversário do nascimento do Prémio Nobel da...

Adeus e grazas

Redacto as derradeiras liñas para Xornal de Compostela. Xa fóra. Xa exento das normas....

Sigamos comparando…

Continuamos con temas, que a calquer político ten que preocuparlle. Toda administración con responsabilidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here