InicioSOCIEDADEEnfermeiros protestan en Santiago ante unha decisión "unilateral" do Sergas de ampliar...

Enfermeiros protestan en Santiago ante unha decisión “unilateral” do Sergas de ampliar a xornada do persoal de PAC

Durante a concentración, os asistentes corearon cánticos como "os PACs están en loita", "non á precarización", e "con esta dirección non hai negociación"

Publicado o

Xornal de Compostela

Enfermeiros e enfermeiras, baixo unha convocatoria do sindicato estatal (Satse), protestaron este venres fronte ao punto de atención continuada (PAC) de Santiago contra a decisión “unilateral” do Sergas de integrar a atención de sábados pola mañá na xornada do persoal de PAC. Presente no acto, a secretaria xeral de Satse en Galicia, Asunción Maus Gómez, recalcou que “o colmo” da situación é a decisión da Consellería de Sanidade de integrar esta atención no horario do persoal de PAC “sen contraprestación para os traballadores”.

Para Gómez, este feito “precariza [o traballo] aínda máis” porque “obriga” ao persoal a facer un número maior de sábados e impide unha “conciliación da vida familiar”. “Os fins de semana son momentos no que o resto do persoal concilia estar coa familia”, subliñou. En calquera caso, as queixas que se trasladaron durante a protesta tamén teñen que ver coas retribucións “mal ancoradas” e unha “serie de cuestións laborais” que, segundo subliñou Gómez, “hai que rectificar e mellorar”.

Durante a concentración, os asistentes corearon cánticos como “os PACs están en loita”, “non á precarización”, e “con esta dirección non hai negociación”. Ademais, reclaman que a Xunta non convoca mesas de negociación para abordar estas cuestiones pertinentes á categoría. Gómez lembrou que na folga de 2019 definiuse a creación dunha comisión de seguimento, un grupo que, segundo ela, non “se volveu reunir seis anos despois”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...