InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín convida ao novo alcalde de Nova York, Zohran Mamdani, a...

Goretti Sanmartín convida ao novo alcalde de Nova York, Zohran Mamdani, a visitar Compostela

A rexedora compostelá publicou un vídeo nas redes no que ofrece un encontro para compartir experiencias de goberno e reflexións sobre a transformación social

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, fixo público este sábado un vídeo nas súas redes sociais no que invita ao novo alcalde de Nova York, Zohran Mamdani, a visitar a capital galega. A rexedora explica que lle dirixiu unha carta persoal para propoñer un encontro entre ambos co obxectivo de compartir experiencias de goberno orientadas ás maiorías sociais e ás políticas de transformación social.

Sanmartín sinala no vídeo que “todas aquelas persoas que estamos facendo un goberno para as maiorías sociais e loitando por un mundo máis xusto e igualitario” afrontan dificultades semellantes, en referencia ás resistencias e ataques que, segundo di, reciben os proxectos políticos que buscan cambios profundos. Por iso considera “bo” abrir un diálogo con Mamdani, co fin de intercambiar visións e aprendizaxes sobre os retos das cidades progresistas.

A alcaldesa engade que ambos poderían falar “das posibilidades, dos soños e das ideas” que se poden desenvolver “en cada territorio” para avanzar cara a modelos urbanos máis xustos. Sanmartín concluíu a súa mensaxe cun toque de humor, lembrando que “nestes momentos é doado facelo, porque hai voo directo a Nova York”, en alusión á nova conexión aérea coa cidade estadounidense.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here