InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS cuestiona a revisión dos...

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS cuestiona a revisión dos protocolos oncolóxicos proposta pola Consellería de Sanidade

Consideran que esta estratexia obedece máis a unha falta de medios que a unha estratexia clínica beneficosa para os pacientes

Publicado o

Xornal de Compostela

Ante a recente anuncio do conselleiro de Sanidade sobre a proposta dun novo protocolo que axustaría o número de consultas oncolóxicas segundo a agresividade dos tumores, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS expresou a súa preocupación pública. A través dun comunicado, a asociación critica a adaptación dos seguimentos oncolóxicos que se está implementando desde outubro de 2022 no CHUS, por considerar que obedece máis a unha falta de medios que a unha estratexia clínica beneficosa para os pacientes.

Desde a asociación explican que “o seguimento oncolóxico debe fundamentarse no principio de prudencia, cubrindo todas as necesidades derivadas dos riscos relacionados coa enfermidade e proporcionando soporte psicolóxico e rehabilitador esencial”. Ademais, alertan sobre o risco de que os cambios propostos no protocolo poidan converterse nunha forma de xestión que pretende “reducir a intensidade da atención” debido a recursos sanitarios insuficientes, o que podería comprometer seriamente a saúde dos pacientes.

O colectivo tamén mostrou a súa inquietude pola coincidencia temporal entre a revisión dos protocolos e a demora nas consultas debido á falta de persoal especializado, un problema que o propio Conselleiro recoñeceu durante unha reunión coa asociación o 6 de maio. Este contexto alimenta o temor de que as modificacións propostas non estean realmente baseadas en criterios científicos establecidos, senón en necesidades administrativas e económicas inmediatas.

Ademais, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS urxe a supresión do sistema de axendas dinámicas ou sistema de “buzón”, que permite que os pacientes saian das consultas de control sen cita programada para a seguinte visita, en contra da Orde da Consellería de Sanidade de 14 de xullo de 2004. Este sistema, segundo a asociación, crea un estado de incerteza e abandono asistencial que pode afectar negativamente ao proceso de curación dos pacientes. Por todo isto, solicitan un retorno aos protocolos baseados en consensos científicos claros e ao principio de estabilidade das axendas para garantir unha atención adecuada e continua.

ÚLTIMAS

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Detida despois dun accidente en Santiago tras saltar un control da Garda Civil en O Milladoiro

Unha muller foi detida tras sufrir un accidente de circulación na rúa Polonia de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

Venezolanos residentes en Santiago piden apoio institucional para enviar axuda a Venezuela

O presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez, xunto con dúas dos creadores da...

O Concello de Santiago reforza coa asociación Movemento pola Paz a atención xurídica á poboación migrante

O Concello de Santiago reforzará a atención integral ás persoas migrantes empadroadas ou residentes...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here