InicioMOV. SOCIAISA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación contra...

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación contra os recortes o 26 de outubro

A protesta busca visibilizar a deterioración do ensino público galego ante a falta de profesorado e recursos, afectando a todas as etapas educativas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou unha gran manifestación para o próximo 26 de outubro co obxectivo de mobilizar a toda a comunidade educativa contra os recortes no sistema educativo galego. A convocatoria chega tras un comezo de curso marcado pola falta de profesorado, sobre todo en áreas críticas como a atención á diversidade, e pola ausencia de resposta ás demandas de alumnado e profesorado de secundaria, FP e ensinanzas especiais.

Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, as organizacións que conforman a plataforma, entre as que se atopan CIG-Ensino, ANPAS Galegas e ERGUER, denunciaron que a situación actual afecta a case a metade dos centros educativos públicos de Galicia. Segundo Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, “a realidade nos centros desmonta a propaganda da Consellaría, que se nega a recoñecer a gravidade da situación”.

A manifestación, para a que se facilitará transporte desde distintos puntos de Galicia, quere ser un chamamento á unidade de todas as familias, estudantes e profesorado na defensa do ensino público galego.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here