InicioMOV. SOCIAISBNG, PSOE, Compostela Aberta e non adscritas apoian a mobilización de SOS...

BNG, PSOE, Compostela Aberta e non adscritas apoian a mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os catro grupos levarán ao pleno unha moción conxunta contra a política sanitaria da Xunta, con foco na área sanitaria de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta, o Grupo Municipal Socialista e as concelleiras non adscritas acordaron presentar no pleno deste mes de xaneiro unha moción conxunta en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza, prevista para o 1 de febreiro. A protesta partirá ás 12:00 da Alameda e finalizará na Praza do Obradoiro, cun percorrido polo centro histórico de Santiago de Compostela.

Segundo recollen as formacións asinantes, a iniciativa pretende respaldar as demandas da plataforma fronte ao que consideran un deterioro progresivo do sistema sanitario público galego. Na exposición de motivos da moción sinálase que a política sanitaria da Xunta de Galicia está a favorecer un modelo no que o acceso á atención sanitaria depende cada vez máis do nivel de renda, abrindo a porta á privatización e á consolidación dun sistema dual.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, trasladou que o PSOE se suma ás denuncias que SOS Sanidade Pública vén formulando desde hai tempo. Nas súas declaracións, advertiu da deriva do sistema sanitario baixo o Goberno de Alfonso Rueda e apuntou a un empeoramento da atención primaria, a creación de barreiras de acceso aos centros de saúde e o aumento das listas de espera, cun conseguinte desvío de recursos cara á sanidade privada. Para o portavoz socialista, estas políticas están a provocar un deterioro continuado do sistema público.

A moción pon especial atención na área sanitaria de Santiago de Compostela, onde, segundo recollen os grupos, “as consecuencias desta política son xa plenamente visibles”. No documento faise referencia a datos das primeiras semanas de novembro de 2025, cando o servizo de Urxencias rexistrou máis de 485 atencións diarias e até 75 ingresos nunha soa mañá, incluso antes do pico da tempada vírica. Este volume asistencial elevou a ocupación de camas por riba do 89%, unha situación que, segundo se indica, obrigou a manter pacientes en padiolas e cadeiras de rodas nos corredores, sen condicións adecuadas para unha atención digna.

Neste contexto, BNG, Compostela Aberta, PSOE e concelleiras non adscritas expresan o seu rexeitamento á política sanitaria da Xunta e instan ao cese das medidas que, ao seu xuízo, contribúen ao desmantelamento da sanidade pública galega. A moción inclúe tamén unha demanda específica para repoñer todos os servizos e o persoal da área sanitaria de Santiago, co obxectivo de garantir unha atención axeitada á poboación.

As formacións municipais manifestan, ademais, o seu apoio ás persoas e colectivos que defenden a sanidade pública e chaman á participación na manifestación do 1 de febreiro, que cualifican como unha expresión colectiva da defensa dun sistema sanitario público, universal, equitativo e de calidade para toda a cidadanía.

ÚLTIMAS

O goberno de Santiago impulsará por licitación a revisión dos estudos da auga e unha auditoría do servizo

O goberno municipal de Santiago iniciará unha nova fase para avanzar na regularización do...

O Concello levará a pleno a aprobación definitiva da ordenación da parcela de Peleteiro

O Concello de Santiago levará ao pleno ordinario do día 26 a aprobación definitiva...

Santiago asume a xestión de estradas e recibe un impulso económico da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Santiago...

Alarma no aeroporto de Santiago por un accidente aéreo simulado con 19 vítimas mortais

Un amplo operativo de emerxencias mobilizouse este venres en Santiago de Compostela por mor...

‘Lingua Vital’ convoca unha asemblea multitudinaria na Quintana para ratificar un protocolo de medidas en defensa do galego

A plataforma 'Lingua Vital' convocou para este sábado 14 de marzo, ás 12:00, unha...

Os médicos de varios servizos do Hospital Clínico de Santiago deixarán de facer peonadas mentres continúe a folga sanitaria

A maior parte dos facultativos dos servizos de Xinecoloxía e Obstetricia, Cirurxía Vascular e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here