InicioECONOMÍASantiago asume a xestión de estradas e recibe un impulso económico da...

Santiago asume a xestión de estradas e recibe un impulso económico da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, formalizaron este venres no Pazo de Raxoi un amplo paquete de acordos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, formalizaron este venres no Pazo de Raxoi un amplo paquete de acordos. “Esta colaboración tradúcese nunha importante inxección económica destinada á cohesión social e cultural, destacando a concesión dunha subvención nominativa de 140.042,13 euros para cofinanciar o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, cuxo orzamento total para este exercicio ascende a 226.821,76 euros“, informa o organismo provincial.

De maneira complementaria, a Deputación achega outros 75.000 euros para garantir o funcionamento dos centros socioculturais situados no ámbito rural compostelán, apoiando así un proxecto que conta cun investimento global de 150.000 euros. No ámbito da promoción cultural, ambas as administracións selaron tamén o convenio para o desenvolvemento do Festival Rosalía 2026 por valor de 12.100 euros.

TRASPASO DE VIAS

A xornada de traballo tamén serviu para oficializar o traspaso de titularidade de varias vías provinciais que, tras o acordo adoptado hoxe, pasan a ser xestionadas directamente polo Concello de Santiago.

Entre os tramos transferidos atópase a estrada DP-7801 de San Lourenzo a Vidán, nun tramo de 1.269 metros, xunto co seu correspondente variante duns 285 metros de longo. Así mesmo, o Concello asume a titularidade doutro tramo da DP-7805, que dá acceso ao Hospital Provincial e conta con 545 metros, e da DP-7806, a coñecida costa ao Avío, que suma outros 273 metros de percorrido. Esta entrega de actas permite que o goberno local teña plena autonomía sobre estas zonas, facilitando futuras actuacións de mantemento e ordenación urbana nunha rede viaria que, pola súa funcionalidade, ten xa un carácter marcadamente municipal.

ÚLTIMAS

O Pleno aborda a seguridade na cidade entre chamadas ao pacto, avisos contra o alarmismo e reclamacións de máis medios

O Pleno municipal de Santiago aprobou este xoves unha proposta dos concelleiros non adscritos...

A conexión aérea entre Santiago e Jerez reforza a promoción turística entre Galicia e Cádiz

A nova conexión aérea directa entre Santiago de Compostela e Jerez da Frontera centrou...

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

A conexión aérea entre Santiago e Jerez reforza a promoción turística entre Galicia e Cádiz

A nova conexión aérea directa entre Santiago de Compostela e Jerez da Frontera centrou...

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...