InicioECONOMÍAO Concello levará a pleno a aprobación definitiva da ordenación da parcela...

O Concello levará a pleno a aprobación definitiva da ordenación da parcela de Peleteiro

O goberno local anuncia que xa recibiu o último informe sectorial favorábel da Xunta e prevé pechar no vindeiro pleno a modificación urbanística do ámbito do antigo colexio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago levará ao pleno ordinario do día 26 a aprobación definitiva da modificación urbanística da parcela de Peleteiro, despois de recibir o último informe sectorial que estaba pendente. Así o anunciou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, que explicou que o documento emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia é favorábel.

Segundo indicou, ese informe era o paso que faltaba para poder pechar a tramitación da proposta relativa ao ámbito do antigo Colexio Peleteiro. A única observación recollida, engadiu, é a necesidade de incorporar ao expediente outro informe previo de Augas de Galicia, que, segundo sinalou, xa consta desde novembro de 2025 e tamén é favorábel.

A rexedora enmarcou esta operación na intención do goberno local de darlle saída a un espazo que definiu como unha peza pendente dentro do ensanche compostelán. A proposta, xa coñecida por ter pasado previamente polo debate plenario, mantén a aposta por reforzar o uso residencial do ámbito e incrementar a presenza de vivenda protexida no centro urbano.

Sanmartín detallou que o novo planeamento pasa de 4.500 a 6.250 metros cadrados para uso residencial e fixa que, como mínimo, o 45% desa superficie se destine a vivenda protexida. A alcaldesa puxo o acento en que esta reserva se sitúe “no corazón do ensanche”, e non unicamente nas marxes da cidade.

A modificación tamén introduce cambios respecto dos usos inicialmente previstos para a parcela. En concreto, o Concello destaca que se evita a implantación dunha gran superficie comercial e dun hotel, ao tempo que se formula unha presenza de actividade económica a pé de rúa. Nese esquema, segundo precisou Sanmartín, quedarían excluídos pubs e discotecas.

No que atinxe á configuración urbanística do espazo, o executivo municipal sinala que a proposta reduce a edificabilidade, que pasa de 23.500 a 9.000 metros cadrados, e procura unha mellor integración co contorno, coa continuidade das aliñacións urbanas e o tratamento das medianeiras das rúas próximas. Tamén prevé a creación dun espazo público orientado cara a San Pedro de Mezonzo, con acceso amplo desde o norte e desde a República Arxentina.

A alcaldesa lembrou ademais que se manteñen as dotacións públicas de cesión obrigatoria, entre elas 900 metros cadrados de equipamento público e 1.395 metros cadrados de espazo libre público.

Na súa comparecencia, Sanmartín salientou o traballo desenvolvido polo goberno municipal para “encaixar todas as pezas” dun procedemento que, segundo indicou, levaba anos sen resolverse. Nese sentido, apuntou ao diálogo coa veciñanza, coa propiedade e co conxunto da corporación para conseguir unha maioría suficiente arredor da proposta.

Unha vez se produza a aprobación definitiva, explicou, a propiedade poderá impulsar a xestión das parcelas e a súa tramitación perante a nova empresa pública de vivenda creada polo Estado, á que atribuíu a futura promoción do desenvolvemento urbanístico do ámbito, en liña co anunciado pola ministra de Vivenda na súa visita á cidade.

ÚLTIMAS

Traballadores de Renfe gardan cinco minutos de silencio na estación de Santiago polas vítimas do accidente de Toledo

A estación de ferrocarril de Santiago de Compostela acolleu este xoves, 29 de outubro,...

Compostela lembra a ferida de Angrois e traslada a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores a solidariedade da capital galega...

O falecemento da vítima volve suspender o xuízo contra tres acusados de secuestrar un home en Santiago por unha débeda de 20 euros

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, volveu suspender...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

Rosa Crujeiras reclama medidas para garantir o acceso á vivenda do estudantado universitario

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, reclamou que se adopten...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here