InicioMOV. SOCIAIS(FOTOS) Remata sen incidencias graves a manifestacion desta tarde polo desafiuzamento do...

(FOTOS) Remata sen incidencias graves a manifestacion desta tarde polo desafiuzamento do ‘Escarnio e Maldizer’

A protesta prolongouse durante máis de dúas horas e rematou sen cargas policiais nin detidos, malia varios momentos de tensión con petardos, fume e a queima dun contedor

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

As protestas polo desaloxo do centro social ‘Escarnio e Maldizer’, situado na rúa Algalia de Arriba, continuaron este venres pola tarde no centro histórico de Santiago. A mobilización comezou ás 20:00 cunha concentración inicial na Praza de Cervantes, dende onde partiu unha manifestación que percorreu distintas rúas e prazas da zona vella e do Ensanche.

Dende a Praza de Cervantes, a marcha desprazouse até a Praza da Quintana para continuar pola rúa do Vilar, pasando fronte á Sala Yago, que fora tamén okupada no pasado, e dirixirse posteriormente cara a Porta Faxeira. Nese punto, o grupo, que nesta ocasión superaba o centenar de persoas, entrou na calzada, o que obrigou á Policía Nacional a realizar cortes improvisados do tráfico ao paso da manifestación.

O percorrido continuou polas rúas da Senra, Fonte de San Antonio, Ensinanza e Virxe da Cerca, antes de subir novamente por Casas Reais até o cruzamento entre esta vía e Algalia de Arriba, lugar no que se atopa o inmoble desafiuzado.

Neste tramo produciuse un dos momentos máis tensos da mobilización, coincidindo coa presenza de efectivos antidisturbios.

Durante o traxecto, un colector de lixo foi queimado na Praza de Salvador Parga, o que motivou a intervención dun equipo de bombeiros para sufocar o lume. Ao longo de toda a concentración rexistrouse tamén o lanzamento de petardos e bengalas de fume.

Tras a situación de maior tensión no cruzamento de Casas Reais con Algalia de Arriba, as persoas participantes deron marcha atrás e regresaron cara á Praza de Cervantes. Nos últimos minutos do percorrido escoitáronse consignas como “Vergoña me daría ser policía”, mentres continuaban os petardos, algúns deles lanzados contra os efectivos policiais.

A manifestación deuse por rematada ás 22:15, sen que se producisen incidentes de consideración, altercados nin cargas policiais, malia os momentos de maior tensión vividos no tramo final da protesta.

ÚLTIMAS

O goberno de Santiago impulsará por licitación a revisión dos estudos da auga e unha auditoría do servizo

O goberno municipal de Santiago iniciará unha nova fase para avanzar na regularización do...

O Concello levará a pleno a aprobación definitiva da ordenación da parcela de Peleteiro

O Concello de Santiago levará ao pleno ordinario do día 26 a aprobación definitiva...

Santiago asume a xestión de estradas e recibe un impulso económico da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Santiago...

Alarma no aeroporto de Santiago por un accidente aéreo simulado con 19 vítimas mortais

Un amplo operativo de emerxencias mobilizouse este venres en Santiago de Compostela por mor...

‘Lingua Vital’ convoca unha asemblea multitudinaria na Quintana para ratificar un protocolo de medidas en defensa do galego

A plataforma 'Lingua Vital' convocou para este sábado 14 de marzo, ás 12:00, unha...

Os médicos de varios servizos do Hospital Clínico de Santiago deixarán de facer peonadas mentres continúe a folga sanitaria

A maior parte dos facultativos dos servizos de Xinecoloxía e Obstetricia, Cirurxía Vascular e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here