InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCompostela fortalece a súa proxección internacional coa renovación do convenio entre Cidades...

Compostela fortalece a súa proxección internacional coa renovación do convenio entre Cidades Patrimonio e o Instituto Cervantes

Goretti Sanmartín anuncia o depósito na Caixa das Letras das declaracións de valor universal das 15 cidades españolas recoñecidas pola UNESCO

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, presidido pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o Instituto Cervantes renovaron este martes en Madrid o seu convenio de colaboración para promover a riqueza cultural, histórica e idiomática das 15 cidades españolas incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. A través desta alianza, impulsaranse actividades conxuntas en centros do Instituto Cervantes repartidos por todo o mundo, como exposicións, conferencias e eventos multidisciplinares.

Na súa intervención, Sanmartín destacou o compromiso do Grupo co turismo cultural e identitario, dirixido a persoas que “queren coñecer a esencia das nosas cidades, as nosas tradicións, a nosa gastronomía e mesmo as nosas linguas”. Subliñou que o obxectivo común co Instituto Cervantes é o de poñer en valor a diversidade como elemento diferenciador fronte á homoxeneización cultural: “Nun mundo globalizado, ter unha identidade cultural diferenciada é un valor acrecentado”, sinalou.

Como parte simbólica do convenio, o Grupo comprometeuse a depositar na Caixa das Letras do Instituto Cervantes as declaracións de Valor Universal Excepcional de cada unha das cidades, entre as que se atopa Santiago de Compostela. Este acto terá lugar no segundo semestre do ano.

Sanmartín tamén apuntou á vontade de crear sinerxías entre as universidades das cidades patrimonio e o Instituto Cervantes, reforzando a súa función como espazos vivos de creación e reflexión cultural. “En Santiago temos unha intensa vida cultural, coa Real Filharmonía, o teatro, a gastronomía e o patrimonio artístico. Queremos que quen nos visite descubra tamén a riqueza do noso rural, as zonas verdes e as rutas que fan da cidade un lugar vivo e completo”, declarou.

Pola súa parte, o director do Instituto Cervantes, Luis García Montero, expresou a súa satisfacción pola continuidade da colaboración cun grupo que representa “o mellor da historia e da diversidade cultural de España”. Afirmou que “apostar pola cultura non é un capricho, senón unha necesidade económica, social e de cohesión”, destacando que o turismo cultural é unha das grandes fortalezas do país.

O convenio, cunha duración de catro anos, permitirá que as 15 cidades patrimonio estean presentes en eventos internacionais organizados polo Instituto Cervantes e se desenvolvan programas para fomentar a creación, investigación artística e pedagóxica. Entre as iniciativas previstas atópase o circuíto de carreiras nas cidades patrimonio, que terá unha parada en Santiago o 10 de maio cunha carreira nocturna de 10 quilómetros.

A xornada contou coa presenza de representantes institucionais de ambas entidades e serviu para ratificar o compromiso mutuo coa protección e difusión do patrimonio, así como coa promoción do turismo cultural sostible e do patrimonio como elemento central da identidade europea e universal.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...

O Goberno aproba a prórroga do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago para completar as actuacións previstas

O Consello de Ministros aprobou a modificación e prórroga de oito convenios correspondentes á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here