InicioECONOMÍAO Biopolo da Sionlla recibe ás persoas participantes do programa Xuventude Mentoring...

O Biopolo da Sionlla recibe ás persoas participantes do programa Xuventude Mentoring na Empresa

Doce mozas e mozos coñeceron este polo biotecnolóxico dentro dun programa da Xunta e da UE para favorecer o emprego xuvenil

Publicado o

Xornal de Compostela

O Biopolo da Sionlla, en Santiago de Compostela, acolleu esta mañá a visita dun grupo de doce mozas e mozos que participan no programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025, unha iniciativa de estadías formativas que impulsa a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, cofinanciada nun 60% pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

As persoas participantes, de entre 18 e 29 anos e procedentes da comarca compostelá e doutras localidades galegas, están a realizar estadías remuneradas de tres meses en empresas vinculadas a sectores estratéxicos como o biotecnolóxico.

No encontro estiveron presentes a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso, e o xerente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Manuel Beceiro, que actuou como anfitrión. Beceiro destacou que un dos obxectivos do Biopolo foi desde a súa creación “reter o talento que se xera na Universidade de Santiago, principalmente nun sector estratéxico como é o biotecnolóxico”. Ademais, puxo en valor a necesidade da colaboración público-privada, lembrando que neste proxecto participan a Xunta, o Concello de Santiago, a USC, a Cámara de Comercio, a Asociación do Tambre e diferentes clústeres sectoriais.

Pola súa parte, Cardeso incidiu en que programas coma este son fundamentais para enfrontar o reto do desemprego xuvenil, que a nivel estatal rolda o 25%. “Non podemos permitir que os mozos e mozas que se formaron en Galicia teñan que emigrar por falta de oportunidades e se convertan en competidores das nosas empresas nos mercados internacionais”, subliñou. Nesa liña, explicou que a Cámara está a traballar en tres ámbitos: retención e captación do talento, formación práctica e relación fluída entre oferta empresarial e demanda xuvenil.

O programa Xuventude Mentoring abrangue estadías en empresas da provincia da Coruña como Ozoaqua, Televés, Chemical Gama Verde, Espagat, Acar, Cartogalicia, MK20, Segurma, Rivadulla ou Orballo, co obxectivo de facilitar unha primeira experiencia laboral en ámbitos punteiros da economía galega.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A Feira Talentia supera as 25.000 visitas web e esgota a formación online a dous días da súa apertura

A Feira Talentia, organizada polo Concello de Santiago, encara a súa celebración entre o...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here