InicioECONOMÍAA Cámara de Comercio de Santiago promove dous finalistas nos premios europeos...

A Cámara de Comercio de Santiago promove dous finalistas nos premios europeos EYE 2025

Ignacio Márquez e Nuria Álvarez destacan polo seu compromiso coa innovación no medio rural

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrou esta semana o éxito de dous dos seus participantes no programa europeo Erasmus for Young Entrepreneurs (EYE), que acadaron a condición de finalistas nos premios EYE Entrepreneur of the Year 2025. Trátase de Ignacio Márquez Collazos, cofundador da iniciativa Rural Hackers, e Nuria Álvarez Rodrigo, responsable da empresa Agroberry, recoñecidos polo seu labor transformador nos seus respectivos sectores.

Este recoñecemento insírese nun programa europeo que facilita intercambios transnacionais entre novos emprendedores e empresarios experimentados, promovendo o aprendizaxe mutuo, o desenvolvemento de competencias clave e a cooperación internacional. A Cámara de Comercio compostelá, como entidade intermediaria, leva dez anos facilitando estas estadías, con máis de 220 relacións establecidas e un impacto destacado en toda Europa.

No caso de Ignacio Márquez, o seu proxecto Rural Hackers, centrado na revitalización das zonas rurais a través da tecnoloxía e a arte, foi recoñecido logo dunha estadía profesional en Singapur. Márquez destacou que o programa permitiulle “transformar a forma en que conectamos co mundo tecnolóxico corporativo”, e asegurou que a experiencia lle serviu para establecer alianzas sólidas con empresas que agora apoian as súas iniciativas.

Pola súa parte, Nuria Álvarez, fundadora de Agroberry, foi recoñecida pola súa participación como empresaria de acollida dun novo emprendedor italiano, que durante catro meses colaborou no desenvolvemento dun novo produto. A súa empresa, dedicada á produción ecolóxica de zarzamora, leva anos sendo referencia pola súa aposta por prácticas sostibles e innovación no agro, e suma múltiples galardóns como o Premio Mundo Rural 2024 ou o Premio Clea á Innovación Feminina 2023.

Ambos finalistas coincidiron en destacar a importancia destes programas de mobilidade profesional para fortalecer o vínculo entre as institucións e a realidade empresarial. Márquez e Álvarez sinalaron que iniciativas como o EYE contribúen a fomentar o emprendemento sostible, a modernizar o rural e a inspirar a novas xeracións de profesionais.

A participación da Cámara compostelá no programa EYE foi recoñecida a nivel europeo con premios como o de Mellor Presentación de Consorcio en 2021. Actualmente, a entidade continúa a súa implicación co programa cunha dotación de máis de 300.000 euros ata 2027, e cun índice de satisfacción que supera o 90 % entre os seus participantes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here