InicioSANTIAGOTEOO BNG rexeita o plan económico financeiro do goberno do PP en...

O BNG rexeita o plan económico financeiro do goberno do PP en Teo por falta de transparencia

Eloi Devesa critica a ausencia de datos sobre os gastos que motivaron o incumprimento da regra de gasto

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego amosou este martes o seu rexeitamento ao plan económico financeiro presentado polo goberno municipal de Teo, encabezado polo Partido Popular, por considerar que carece da información necesaria para avaliar a súa eficacia. Segundo sinalou o portavoz municipal do BNG, Eloi Devesa, o documento non recolle nin os motivos do incremento do gasto que levou ao Concello a incumprir a regra de gasto nin as medidas concretas que permitirán acadar o superávit previsto para 2026.

Devesa advertiu que o plan “non explica con claridade que partidas provocaron o desequilibrio orzamentario nin cales se verán afectadas por recortes ou axustes” e lamentou que o executivo local presente “un documento que non cumpre os requisitos de concreción esixidos pola normativa vixente”. A norma á que se refire é a coñecida como lei de estabilidade orzamentaria, aprobada durante o mandato de Mariano Rajoy, e que fixa un límite de crecemento do gasto público para as administracións locais.

“A lei é cuestionable, pero foi impulsada e defendida polo propio PP, que agora é o primeiro en incumprila”, afirmou o voceiro nacionalista. Para o grupo do BNG en Teo, o executivo municipal está a incumprir unha lexislación que el mesmo contribuíu a establecer, sen ofrecer unha análise detallada do contexto financeiro actual nin medidas realistas para corrixilo.

O plan presentado polo goberno local é unha esixencia legal derivada do incumprimento da regra de gasto, o que obriga a elaborar un documento que garanta a recuperación do equilibrio financeiro en futuros exercicios. Porén, para o BNG, o documento carece de solidez técnica e semella máis ben un “brinde ao sol”, sen garantías de cumprimento real.

O grupo nacionalista insta ao executivo local a reformular o plan con criterios de claridade, transparencia e rigor, e reclama que se informe á veciñanza de Teo sobre a situación real das finanzas municipais e as consecuencias que podería ter este plan sobre os servizos públicos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here