InicioECONOMÍAO XVI Santiago(é)Tapas pecha cun aumento do 25% en votos e 30.000...

O XVI Santiago(é)Tapas pecha cun aumento do 25% en votos e 30.000 tapas consumidas

A entrega de premios terá lugar o 11 de marzo na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, onde se coñecerán as mellores tapas desta edición

Publicado o

Xornal de Compostela

En canto ás etapas do concurso, destacou a (é)Tapa 4/Camiño Primitivo, que foi a máis votada con 3024 votos e tamén a máis consumida, con 6486 tapas servidas. Seguírona a (é)Tapa 1/Camiño Fisterra-Muxía, con 2613 votos e 6018 tapas consumidas, e a (é)Tapa 6/Camiño do Norte, con 4229 tapas consumidas.

Durante o acto de clausura, ademais de entregar os premios ás mellores tapas, realizarase un sorteo especial entre as 12.915 persoas que participaron na votación popular ao longo do concurso, celebrado entre o 13 de febreiro e o 2 de marzo.

Os galardóns principais, dotados con 1000 euros e un agasallo extra de AGACAL, corresponderán ás categorías de Tapa Creativa, Tapa Tradicional e Tapa Doce. O premio á Mellor Tapa Sen Glute, dirixido a apoiar a inclusión gastronómica das persoas celíacas, contará cun diploma e un cheque de 200 euros para a compra de produtos aptos. Así mesmo, premiaranse as tapas que mellor mariden con viños de Ponte da Boga e cervexas de Estrella Galicia, con 500 euros en produto para as gañadoras.

O certame, promovido baixo a marca Compostela Gastronómica, contou co patrocinio principal de Hijos de Rivera e a colaboración de entidades como AGACAL, o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA, Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.

Toda a información sobre o evento e os detalles da gala final poden consultarse na páxina web oficial: santiagoetapas.gal.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe en Santiago

O Palacio de Congresos acolleu esta tarde unha nova edición do Foro Talentia, un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here