InicioECONOMÍASantiago solicita 12 millóns de euros para transformar a zona noroeste da...

Santiago solicita 12 millóns de euros para transformar a zona noroeste da cidade

O proxecto 'Horizonte Compostela' inclúe investimentos en accesibilidade, infraestrutura social e sustentabilidade ambiental

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este martes o seu plan para acceder á senda financeira FEDER a través do proxecto ‘Horizonte Compostela’, co que aspira a obter 12 millóns de euros de financiamento. A proposta ten como obxectivo transformar a zona noroeste da cidade, especialmente os barrios da Almáciga e Vite – Guadalupe, onde se identificaron indicadores de vulnerabilidade socioeconómica.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou que os fondos solicitados complementarán unha achega municipal de 8 millóns de euros, destinándose a actuacións xa en marcha e proxectos previstos para a zona.

TRES EIXOS ESTRATÉXICOS

O plan estrutúrase en tres grandes proxectos:

  • ‘Santiago Transforma’, cun orzamento de 9,6 millóns de euros, prevé a creación de novos equipamentos sociais, culturais e deportivos para reducir desigualdades na dotación de infraestruturas. Inclúe a construción da Factoría Moza en Salgueiriños e un equipamento deportivo na súa contorna, ademais das vivendas piloto de Caramoniña.
  • ‘Santiago Accesible’, cun investimento de 7 millóns de euros, busca mellorar a mobilidade urbana mediante a instalación dun elevador na rúa do Pino e a reurbanización da Praza de Ultreia para crear un espazo máis accesible e verde.
  • ‘Santiago Resiliente’, dotado con 3,35 millóns de euros, centrase en melloras na xestión da auga e loita contra a emerxencia climática, incluíndo a rehabilitación do colector de pluviais da Avenida de Lugo para reducir inundacións.
PLAN DE EXECUCIÓN ATA 2029

A iniciativa será presentada ao Consello Económico e Social antes de formalizar a solicitude nos próximos días. A Unión Europea terá un prazo de seis meses para comunicar a concesión dos fondos, e a execución do proxecto estenderase ata decembro de 2029.

A tenenta de alcaldesa, María Rozas, subliñou que este plan supón unha “nova oportunidade para transformar Santiago” e destacou a súa integración en criterios sociais e ambientais. Ademais, sinalou que a previsión do goberno municipal é alcanzar a asignación máxima de 20 millóns de euros para materializar todas as accións previstas no proxecto.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...