InicioECONOMÍASantiago retira especies exóticas en Pontepedriña para avanzar cara un barrio verde...

Santiago retira especies exóticas en Pontepedriña para avanzar cara un barrio verde máis resiliente

O Concello impulsa a restauración ecolóxica na zona co apoio da USC e da Fundación Biodiversidade no marco do proxecto ‘Entre Sar e Sarela’

Publicado o

Xornal de Compostela

O barrio compostelán de Pontepedriña está a ser escenario das primeiras actuacións do proxecto ‘Entre Sar e Sarela’, unha iniciativa que busca transformar a zona nun espazo máis verde, resiliente e adaptado ao cambio climático. Neste contexto, o Concello de Santiago, co asesoramento do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago e co apoio da Fundación Biodiversidade, iniciou a retirada de especies exóticas e invasoras para substituílas por flora autóctona adaptada ao clima galego.

As tarefas de eliminación céntranse nas rúas do Escultor Camilo Otero e Amor Ruibal, onde tamén se están a renovar pavimentos e implementar sistemas drenantes. Entre as especies que se están retirando destacan a ‘Robinia pseudoacacia’ (falsa acacia), o ‘Eucalyptus globulus’ (eucalipto común) e o ‘Agapanthus africanus’, unha planta ornamental que pode comportarse como invasora na ausencia de controis naturais. Este último caso será tratado de forma específica: as plantas retiradas das proximidades do río Sar serán reutilizadas en zonas pechadas fisicamente, como rotondas, segundo informou o departamento de Parques e Xardíns.

Nunha das zonas máis visibles da actuación, o noiro situado xunto ao IES de Pontepedriña, estanse a eliminar 23 exemplares de especies invasoras e 16 de exóticas non invasoras, sobre unha superficie de 600 metros cadrados. En substitución, a proposta paisaxística prevé a plantación de carballos, érbedos, acivros e especies de ribeira, así como outros arbustos autóctonos, co obxectivo de aumentar a biodiversidade e a estabilidade ecolóxica do terreo. Estas novas plantacións levaranse a cabo durante o período de parada vexetativa, a comezos do inverno.

A intervención responde aos principios da restauración ecolóxica recollidos nas estratexias europeas, estatais e galegas de infraestrutura verde, que orientan o conxunto dos cinco proxectos piloto que forman parte da estratexia local para facer fronte á crise climática.

O proxecto ‘Entre Sar e Sarela’, que conta cun financiamento do 95 % procedente dos fondos Next Generation da UE, está promovido polo Concello en colaboración coa Universidade de Santiago e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). A súa finalidade é crear corredores ecolóxicos urbanos, renaturalizar espazos públicos degradados e reducir o impacto do tráfico rodado en áreas como a de Pontepedriña, onde a proporción de superficie pública destinada ao coche é moi elevada.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here