InicioSANTIAGOO CHUS defende o aumento de ambulancias ante as queixas

O CHUS defende o aumento de ambulancias ante as queixas

A de soporte vital avanzado de enfermaría do 061 con base en Lalín asistiu a 353 persoas no que vai de ano.

Publicado o

Xornal de Compostela

O complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela (CHUS) defendeu o aumento de ambulancias ante as queixas no servizo expostas por parte dalgún usuario con traslado, en concreto, a Lalín. Mentres, desde o Sergas infórmase que a ambulancia de soporte vital avanzado de enfermaría do 061 con base neste municipio asistiu a 353 persoas no que vai de ano.

En concreto, entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo, os meses que rexistraron maior actividade foron os de xaneiro, con 66 servizos, e o de febreiro, con 56. “Tamén se incrementou a calidade da asistencia á poboación a través da atención presencial de pacientes que necesitan coidados de soporte vital avanzado e resolveu o 20,5% dos servizos sen necesidade de traslado a un centro sanitario”, engade o Sergas. Por outra banda, indica que o 23% dos servizos foron solicitados por facultativos de Atención Primaria e o 16% consistiron en asistencias a persoas que sufriron alteración da conciencia.

QUEIXAS

Mentres, sobre a queixa exposta por un usuario, asegura que pasou 14 horas esperando unha ambulancia para volver a Lalín tras recibir o alta no Clínico de Santiago, desde o CHUS afirman que lamentan a tardanza que puidese experimentar este paciente nun servizo, que engaden, “depende dunha empresa externa” e comprométese a trasladar formalmente a queixa “e activar os mecanismos habilitados para estes casos”.

Consultado por Europa Press, remarca que en outubro entrou en funcionamento unha nova contrata “froito dun novo proceso de licitación pública que incluía importantes melloras nas condicións económicas e laborais dos traballadores” e que leva, engade, “un aumento do número de ambulancias de servizo na área sanitaria”. Mentres, sobre o caso concreto engade que se hai unha reclamación responderase á familia.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...